O Ganapán presentará esta fin de semana os sabores do mundo árabe
Por Redacción
A iniciativa de lecer infantil O Ganapán permite que, de cando en cando, a rapazada poida viaxar polo mundo adiante e coñecer outras culturas, esencialmente a través de algo tan identitario como a súa gastronomía. Nesta ocasión, os nenos de 4 a 10 anos que participen esta fin de semana no Gastroespazo do Mercado nas actividades deseñadas dentro do programa impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo terán ocasión de somerxerse nos sabores do mundo árabe.
Así, para o sábado 15 de outubro está previsto un taller no que os cativos elaborarán uns saborosos, lixeiros e esponxosos batbouts, un boliños de pan marroquís perfectos para comer sós, para 'dipear' ou recheos como bocadillos.
Para a xornada do domingo 16, os nenos coñecerán nun prato tan típico da comida árabe como o humus de olivas negras, unha receita que, como sinala a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, "ten moitísimas formas de prepararse, pero que con esta fórmula do Ganapán resulta verdadeiramente aditivo".
"Ademais, tamén haberá obradoiros que desenvolvan a parte máis creativa da rapazada: o sábado crearanse unhas ras de ollos saltóns e linguas moi longas e o domingo unhas divertidas galiñas con luvas inchables", apunta a edil do PSOE.
Os talleres desenvolveranse en horario de 11:30 a 13:30 horas e todos aqueles nenos que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do email oganapan@gmail.com, indicando nesta mensaxe posibles alerxias ou intolerancias. "E que ninguén esqueza a súa friameira para levar a casa os pratos cociñados", engade Yoya Blanco.
Relacionadas:
-
Os doces máis orixinais e saudables agardan aos participantes desta fin de semana no Ganapán
Por Redacción |
-
Catro días de actividades "de medo" no Ganapán polo Samaín
Por Redacción |
-
O Ganapán ponse reposteiro e outonal
Por Redacción |
-
Máis tempo libre e máis Ganapán no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
Receitas de pizza de mazá e gorgonzola e spanakopita de espinacas de queixo, no Ganapán
Por Redacción |
-
O Ganapán retoma as actividades infantís no Mercado de Abastos durante as fins de semana
Por Redacción |