O Ganapán retoma as actividades infantís no Mercado de Abastos durante as fins de semana
Por Redacción
Esta segunda fin de semana de setembro volven as actividades relacionadas coa gastronomía e a creatividade ao Mercado de Abastos a través da programación do Ganapán, destinada a escolares con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos.
A partir deste mércores 7 de setembro, ás 09.00 horas, publicaranse nas redes sociais do Ganapán as actividades previstas para o sábado 10 e o domingo 11. Ese será o momento en que se poderán solicitar as reservas para participar nestes talleres a través do correo electrónico: oganapan@gmail.com
A concelleira responsable da concellería de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, explica que nesta edición só realizarase unha sesión e non dúas como en anos anteriores. A sesión durará dúas horas, entre as 11.30 e as 13.30 horas.
Está previsto para este sábado 10 a elaboración de grisines de avea e fariña de garavanzos, petiscos saudables e enerxéticas para o recreo. No outro taller realizaranse lapiceros con forma de coello. O domingo 11 elaboraranse galletas con manteiga e queixo nun taller mentres no outro se realizarán elementos personalizados para os reloxos de pulseira.
Relacionadas:
-
O Ganapán presentará esta fin de semana os sabores do mundo árabe
Por Redacción |
-
Máis tempo libre e máis Ganapán no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
Receitas de pizza de mazá e gorgonzola e spanakopita de espinacas de queixo, no Ganapán
Por Redacción |
-
Queixada galega e pirámides de chocolate no Ganapán para celebrar as Letras Galegas e o Día dos Museos
Por Redacción |