Defensa e a Universidade "amplían horizontes" para afondar na súa colaboración
Por Redacción
O Ministerio de Defensa quere afondar na colaboración que xa manteñen co campus de Pontevedra da Universidade de Vigo. Co obxectivo de "ampliar horizontes" nas liñas de colaboración, este mércores mantiveron unha xuntanza.
Na reunión estiveron a vicerreitora do campus, Eva Lantarón; o subdelegado de Defensa en Pontevedra, o coronel Miguel Constantino Cortés; o director de área adxunto á Vicerreitoría, Luis Torres; e a directora de área do Campus de Especialización Crea, Ana Belén Fernández Souto, así como o xestor da Área de Recrutamento, César Barros.
O que se busca é aumentar esa colaboración coa propia Subdelegación de Defensa en Pontevedra, pero tamén coa Brigada Galicia VII-Brilat e a Escola Naval Militar de Marín.
A vicerreitora e o subdelegado de Defensa lembraron a colaboración que desde hai anos manteñen a institución académica e a Escola Naval, a través da Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio e do Centro Universitario da Defensa (CUD), adscrito á Universidade de Vigo.
Lantarón tamén lembrou a relación que a Facultade de Fisioterapia mantén desde hai anos co concurso de patrullas Tui-Santiago da Brilat e destacou o interese deste acordo á hora de "abrir un campo moi interesante", a posibilidade que o alumnado poida realizar traballos de fin de grao en colaboración coa Brilat.
Nesta liña, o subdelegado de Defensa apuntou que xa traballan coa Escola Universitaria de Enfermaría na posibilidade tanto de organizar coloquios neste centro como de que os enfermeiros da brigada poidan exercer como co titores en TFG do alumnado da escola.
O coronel Cortés lembrou tamén o desenvolvemento de actividades conxuntas entre o CUD e centros da institución académica como a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, que é "enorme".
Ao mesmo tempo, lembrou a sinatura, o pasado mes de xuño, dun convenio marco de colaboración coa Brilat, que permitirá "afondar nesas vías de colaboración que xa viñamos mantendo". É o convenio marco sobre o que se traballou nesta reunión.
Relacionadas:
-
A Universidade de Vigo bate á Escola Naval nun emocionante duelo de dragon boat no Lérez
Por Manu Otero |
-
Estudantes da Escola Naval e da Universidade de Vigo rétanse a unha regata de dragon boat
Por Redacción |
-
A Brilat fará unha proba piloto para abrir o concurso de patrullas Tui-Santiago aos civís
Por Natalia Puga |
-
Investimento millonario do Ministerio de Defensa na Escola Naval de Marín
Por Redacción |
-
O campus quere formar un grupo de baile tradicional
Por Redacción |
-
A infantería celebra a festividade da patroa no cuartel militar de Figueirido
Por Redacción |
-
Chegan os últimos militares da Brilat de misión en Mali
Por Oskar Viéitez |
-
Un convenio tende pontes entre a Universidade e a Brilat para realizar actividades e investigacións conxuntas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |