A partir do 1 de decembro a vacina anticovid administrarase nos hospitais Montecelo e do Salnés

Por Redacción
Os recintos masivos de vacinación pecharán as súas portas este mércores 30, último día de novembro. Desde o mes de outubro tanto a sede da Xunta en Campolongo, no distrito de Pontevedra, como o Recinto Feiral de Fexdega en Vilagarcía exercían como grandes espazos de vacinación anticovid.
Juan Vázquez Vilar, coordinador de vacinación e director de enfermería da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, anuncia que a partir do xoves 1 de decembro será trasladada esta actividade aos hospitais.
No caso de Pontevedra, as persoas deberán acudir ao Hospital Montecelo á zona de vacinación, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas; e os sábados, de 09.00 a 14.00 horas. Os luns e venres tamén se vacinará contra a covid entre as 16.00 e as 20.00 horas.
No distrito do Salnés, as vacinas administraranse no Hospital Público do Salnés os martes, mércores e sábados, entre as 09.00 e as 14.00 horas. Ademais tamén se establece horario de tarde durante os xoves, entre as 16.00 e as 20.00 horas, segundo informa o SERGAS.
A fórmula de citación continuará sendo a autocita a través da páxina web ou da aplicación Sergas Móbil. O resto de campañas de vacinación fronte á covid, que non inclúen a segunda dose de recordo, manteranse sen alteración e activas nos mesmos hospitais e horarios.
Relacionadas:
-
2023 arranca con dous novos falecementos de pacientes infectados con covid-19 na área sanitaria
Por Redacción |
-
O Concello contrata arranxos nos colexios de Carril, Piñeiriño, Rubiáns e O Vilar
Por Redacción |
-
O vacunódromo de Campolongo pechará o 30 de novembro
Por Redacción |
-
A gripe chegou antes este outono e xa está activo o plan de continxencia que prohibe acompañantes en Urxencias
Por Anxo Lourido |
-
A cita para a vacinación de reforzo contra a covid, a través da app do Sergas desde este luns 14
Por Redacción |