Critican o estado "lamentable" dos xardíns do Pazo Besada
Por Redacción
O grupo municipal do PP de Poio trasladou este mércores as queixas da veciñanza polo "abandono" dos xardíns do Pazo Besada en San Salvador e esixiu o seu acondicionamento urxente.
A popular Rocío Cochón denunciou o "estado lamentable" de boa parte da finca que rodea o Palacete, inaugurado recentemente polo goberno local.
Cochón sinala que "os accesos á finca e os xardíns están enlamados e impracticables".
Para a concelleira popular "o estado da finca e o da maioría de Poio é o exemplo perfecto dun Tripartito que leva tres anos e medio sen facer nada e agora só intenta maquillar ese abandono para facer unhas fotos".