O centro de día de Cuntis terá dez prazas máis para o ano que vén
Por Redacción
Trinta prazas terá o centro de día de Cuntis durante o ano 2023. Son dez máis que na actualidade. Así figura na licitación do novo contrato de xestión que está a ultimar o Consorcio Galego de Benestar, que sairá a concurso por 504.000 euros.
As instalacións cuntienses teñen capacidade para un total de corenta usuarios, con marxe polo tanto para un futuro incremento.
O alcalde de Cuntis, Manuel Cuntis, celebra esta ampliación de prazas ao entender contribuirán á mellora da conciliación laboral e familiar, ao reforzar un servizo asistencial ás persoas maiores que o necesitan en horario diúrno, transporte adaptado incluído.
As persoas empadroadas no municipio ocupan catorce das vinte prazas que actualmente ofrece o centro e a crecente demanda levou ao Concello a solicitar unha ampliación do servizo.
"Unha atención de calidade aos nosos maiores é imprescindible nunha sociedade avanzada", subliña Campos, que asegura que no goberno municipal "sabemos perfectamente o que supón para unha familia atender na casa aos maiores".
O ciclo completarase, recordou o alcalde, coa construción dunha residencia no municipio.
O Concello de Cuntis aportou neste ano 2022 un total de 35.000 euros ao centro de día, cantidade que corresponde coa contribución municipal ao financiamento das catorce prazas ocupadas por persoas empadroadas en Cuntis.
Relacionadas:
-
O centro de día de Cuntis terá trinta prazas, como mínimo ata o ano 2025
Por Redacción |
-
Proxectan unha senda saudable para unir o Centro de Día e o casco urbano de Cuntis
Por Redacción |
-
Novo paso para a residencia da terceira idade de Monte Beiros coa autorización de Carreteras del Estado
Por Redacción |
-
Crear unha residencia para maiores no Monte Beiros, obxectivo do goberno local de Cuntis
Por Redacción |