Desarticulado un punto de venda de drogas en Vilaxoán coa detención dunha persoa
Por Redacción
Un veciño de Vilagarcía de Arousa foi detido por axentes da Policía Nacional como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.
O home era interceptado nun dos dispositivos que as forzas de seguridade estableceran despois de comprobar que realizara diferentes transaccións de droga en plena vía pública.
Este operativo enmárcase no plan contra a venda ao por menor e pequeno tráfico de substancias estupefacientes, que ten como obxectivo erradicar os puntos negros de venda de droga coa trasfega habitual de persoas consumidoras que acoden a esas zonas.
Neste caso, segundo informa a Policía Nacional, a participación da cidadanía a través das queixas veciñais alertou os axentes da existencia do punto negro foi determinante para suprimir este punto.
Iniciáronse vixilancias na contorna da localidade de Vilaxoán ata que a policía logrou establecer a identidade da persoa responsable das vendas de diferentes substancias e os lugares exactos dos puntos negros onde se realizaba a venda. Nestes puntos incautouse tanto cocaína como marihuana.
En concreto, os axentes interceptaron o vehículo conducido polo detido e nel atoparon 31 gramos de cocaína e 32 de marihuana. Ademais, os axentes tamén incautaron 420 euros en billetes fraccionados de 5, 10, 20 e 50 euros.
Relacionadas:
-
Xustifica diante do tribunal que o máis de medio quilo de resina de cánnabis que levaba era para consumir durante o confinamento
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A violencia de xénero, a ciberdelincuencia, o crime organizado ou ter máis policías nas rúas, "obxectivos prioritarios" para o novo comisario
Por Alejandro Espiño |
-
Un atracador armado e encapuchado asalta unha gasolineira de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Juan José Díaz, xefe da Comisaría Provincial de Pontevedra, analiza datos de criminalidade co alcalde de Vilagarcía
Por Redacción |
-
A Fiscalía pide once anos de prisión e 1,2 millóns de multa para un albanés que lideraba unha rede de tráfico de heroína desde Arousa
Por Oskar Viéitez |