Descartan Arcebispo Malvar para instalar a feira ambulante, agora estúdase a opción da Alameda
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A instalación dos postos de venda ambulante para o desenvolvemento da feira na rúa Arcebispo Malvar queda descartado. "Arcebispo Malvar é inviable", non hai espazo suficiente, explicaba este luns Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, apoiándose nun informe elaborado por técnicos municipais.
"Síntoo polos comerciantes e hosteleiros da zona que estaban moi contentos coa posibilidade de que estivera a feira preto", indicou a responsable deste departamento. Pola contra, tamén había residentes na zona que, en redes sociais, mostraban oposición a esta posibilidade debido aos problemas de acceso aos garaxes.
A alternativa que se estuda agora é a do recinto da Alameda. A concelleira sinalaba que os servizos municipais se manteñen á espera do informe da Policía Local para determinar se é factible esta localización e de Iván Puentes, concelleiro de Desenvolvemento Sostible, para estudar solucións ao chan, que se verá afectado por esta semana de fortes precipitacións.
Farase un plano sobre os lugares que ocuparían os postos na Alameda para situarse e un plan de acceso para o estacionamento de vehículos dos ambulantes. A presidenta do colectivo de ambulantes Marga González indicoulle a Yoya Blanco que están dispostos a esperar ao día 28 para o traslado se fose preciso, apuntou a concelleira. "Vamos a traballar para o 21", apuntou a responsable da área pero sen querer garantir se será viable para esa data.
Blanco recoñeceu que a Alameda é un espazo con moita actividade como as festas da Peregrina ou a Feira Franca e "xogaremos coa Alameda" coa posibilidade de utilizar Campolongo, espazo que polo momento non se pode empregar pola presenza dunha estada, que limita o espazo.
Explicou que a avenida de Montero Ríos está descartada para a instalación dos ambulantes por un problema de peso sobre o aparcamento subterráneo. A concelleira apuntou que a intención é comprobar o funcionamento da Alameda e se é satisfactorio para os vendedores.
No caso de que o informe da Policía Local sexa desfavorable á opción da Alameda estudaríanse "outras alternativas", apuntou a concelleira indicando que se busca un espazo que sexa "permanente".
Relacionadas:
-
Lores recoñece "visións distintas" ás que mantén o PSOE sobre a instalación da feira ambulante na Alameda
Por Anxo Lourido |
-
Acondicionan o pavimento da Alameda para poder acoller a feira ambulante
Por Alejandro Espiño |
-
A Policía Local non ve "impedimentos de ningún tipo", segundo Yoya Blanco, para trasladar a feira á Alameda
Por Alejandro Espiño |
-
O mercadiño dos sábados, de camiño á Alameda: "Os ambulantes están con ganas e nós tamén", di Yoya Blanco
Por Alejandro Espiño |
-
O traslado do mercadillo ambulante "débese tratar con tranquilidade"
Por Oskar Viéitez |
-
A nova Ordenanza Reguladora de Venda Ambulante, a debate na Xunta de Goberno do luns
Por Almu Dapena |
-
A feira dos sábados di adeus ao Recinto, rumbo a Arcebispo Malvar?
Por Redacción & Cristina Saiz |