A rehabilitación do núcleo do Xuviño comezou polos servizos básicos
Por Redacción
A recuperación, mellora e posta en valor do núcleo tradicional do Xuviño, na parroquia de Combarro, xa leva varios días en marcha.
O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, Gregorio Agís, pasou revista este mércores á obra que executa a empresa EC Casas.
O orzamento ascende a preto de 300.000 euros, que se financian a través de fondos europeos do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE). O proxecto garante a mobilidade sostible e universal, unha maior seguridade para o tránsito peonil, ademais de seguir coa filosofía de recuperar e mellorar os núcleos tradicionais.
Nestas primeiras xornadas, os labores céntranse na dotación das tubaxes dos novos servizos básicos cos que, grazas a esta actuación, contarán as persoas residentes neste núcleo. Ao longo dos vindeiros meses tamén se actuará para reforzar a seguridade viaria e o tránsito peonil.
Se non se produce ningún contratempo estímase que os traballos estarán finalizados no segundo trimestre deste ano.
"Sen dúbida vai supoñer unha importante transformación dun dos núcleos máis emblemáticos de Combarro", sinalou Agís.
Relacionadas:
-
En marcha o novo pavimentado do camiño de Esperón a Xuviño
Por Oskar Viéitez |
-
A vindeira semana comezarán as obras no núcleo do Xuviño, en Combarro
Por Redacción |
-
A reforma do núcleo do Xuviño estará feita a principios de 2023
Por Redacción |
-
A rehabilitación do núcleo do Xuviño sairá máis cara do previsto
Por Redacción |
-
A veciñanza do Xuviño fai as súas achegas para enriquecer o anteproxecto de mellora do núcleo
Por Redacción |