Aseguran que os servizos sanitarios que presta o Concello "son os que están peor atendidos"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Un grupo de traballadores do Concello de Pontevedra, convocados pola Xunta de Persoal, concentráronse este mércores fronte ao Teatro Principal con motivo da reunión convocada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores cos alcaldes do distrito sanitario.
Estes funcionarios expresaron a súa "protesta pola política de persoal levada a cabo polo goberno municipal".
O secretario da Xunta de Persoal do Concello de Pontevedra, Héctor Santaló asegurou que "nós temos moito que dicir polo que fai Lores pola sanidade pública".
Segundo explicou este portavoz, na administración local "hai servizos sanitarios que se prestan polo Concello e que agora mesmo son os que están peor atendidos de todos" xa que "o persoal é insuficiente, os recursos foron recortados", e ademais, engadiu, "está a optarse por empresas privadas" para a súa xestión.
Por este motivo, desde a Xunta de Persoal indicaron que "se a solución que vai propoñer o señor Lores é: privatización, recortes e austeridade na sanidade pública, é mellor que encabece ese movemento outra persoa".
Relacionadas:
-
Nova protesta da xunta de persoal durante o pleno: "Só queren que os aplaudan e nós non estamos aquí para iso"
Por Anxo Lourido & Oskar Viéitez |
-
Guerra política aberta arredor da situación sanitaria na área de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
Pontevedra impulsa un cumio de alcaldes polo "deterioro que non para" na atención sanitaria
Por Alejandro Espiño |
-
Critican o Concello por desmarcarse do acordo sobre os criterios para a estabilización de emprego público local
Por Oskar Viéitez |