'Acorda. Cartografía Musical da Memoria Histórica de Pontevedra' proxéctase o mércores 25 no Cine Seixo
Por Redacción
A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMH de Marín) organiza o mércores 25 de xaneiro a partir das 20.00 horas un evento gratuíto no Cine Seixo, situado na parroquia marinense de Seixo, coa proxección do documental 'Acorda. Cartografía Musical da Memoria Histórica de Pontevedra'.
Trátase dunha peza audiovisual baixo a dirección artística de Uxía Senlle e de Marina Carracedo. O guión pertence a Lois Pérez; a dirección corre a cargo de Lucas Terceiro e a xornalista e escritora Montse Fajardo ofreceu asesoramento de contidos.
Neste traballo preséntanse, a través da música, lugares singulares para a memoria dentro da provincia como é o caso de O Pozo da Revolta, A Ponte do Regueiro, Anguieiro, Alcabre, A Volta da Bombardeira, A Volta da Moura, San Simón "Illa da Memoria". No documental participan importantes referentes da cultura galega como Tanxugueiras; Ugia Pedreira e Marina Oural; Emilio Rúa e Silvia Penide; Sheila Patricia; Eladio Santos; Ezetaerre; Uxía e Su Garrido.
Queta Otero "Molas", presidenta da ARMH de Marín, tamén forma parte deste proxecto que recolle unha mensaxe de paz, memoria e rebeldía para as xeracións máis novas. Neste audiovisual ofrécese a historia de represión e inxustiza cando no ano 1936 o fascismo franquista tentou "apagar a voz e o pensamento" dos habitantes de Galicia.
Ao acto asistirán a deputada de Memoria Histórica, María Ortega; e a técnica do programa de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, Montse Fajardo. Este evento forma parte do programa 'O Pasado Por Vir'.
Relacionadas:
-
Presentan ‘Acordamos’ unha serie de videoclips para dar a coñecer lugares e feitos relacionados coa represión franquista
Por Oskar Viéitez |
-
'Gravadas na memoria', un proxecto audiovisual da Deputación con testemuños da represión franquista
Por Oskar Viéitez |
-
Cen anos de Mariví Villaverde: "Co seu exemplo, seguiremos avanzando en verdade, xustiza e reparación para as vítimas do franquismo"
Por Redacción |
-
'Desmontando a propaganda franquista' na Deputación
Por Redacción |