A Policía Local de Poio alerta de estafas bancarias a través dunha mensaxe SMS
Por Redacción
A Policía Local de Poio demanda á cidadanía o máximo coidado porque teñen constancia de estafas bancarias que se están executando a través de mensaxes SMS que chegan a través dos teléfonos móbiles.
Segundo relatan o modus operandi desenvólvese coa chegada dun SMS en nome dunha entidade bancaria no que se anuncia que o usuario autorizou un pago por unha cantidade elevada de diñeiro. Indica que se non foi a persoa usuaria quen realizou esa operación, que siga os pasos dunha ligazón para cancelar a operación.
Ao pulsar esa ligazón aparece unha pantalla na que solicitan a introdución do número de DNI e o PIN da banca electrónica. Ao introducir eses datos persoais, a estafa consúmase e o diñeiro non será devolto porque a retirada xa foi confirmada, segundo explican desde a Policía Local de Poio.
Unha variante desta estafa realízase cunha chamada telefónica. O número entrante aparece como "banca inmobiliaria". A persoa que contacta faise pasar por un responsable do banco tentando amedrentar ás posibles vítimas para que ofreza os datos argumentando que, pola contra, a persoa usuaria perderá unha cantidade de diñeiro.
Piden á veciñanza de Poio que, en caso de sufrir unha destas chamadas ou recibir un SMS destas características, contacte coa Policía Local e, no caso de que a estafa se producira, presentar denuncia.
Relacionadas:
-
Alertan dunha estafa en Poio usando como escusa falsos recibos da luz sen pagar
Por Redacción |
-
Multan un veciño de Poio polos paseos das súas galiñas pola estrada
Por Oskar Viéitez |
-
Desobedece unha orde de ingreso en prisión, acampa na Barca co seu can, foxe da Policía e ameaza con cortarse o pescozo
Por Natalia Puga |
-
Dá positivo en consumo de drogas tras conducir por leiras de Poio ata atrancar o turismo
Por Redacción |