Un grupo de pais de San José aborda a Lores reclamándolle unha solución para recoller os nenos do colexio
Por Redacción
Media ducia de pais do Colexio San José achegáronse ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, tras a inauguración da Feira de Artesanía Pontenadal para reclamar unha solución que lles permita achegar aos nenos ata o colexio en coche ou lles ofreza algunha alternativa máis próxima que a actual que só lles permite deixalos na rúa Sierra para que os nenos vaian camiñando ata o centro escolar.
Segundo sinalan estes pais, dúas profesoras do centro van ata esa rúa para recollelos pero entenden que non é a mellor solución "porque a diferencia de otros centros, nosotros no podemos aparcar cerca del colegio".
O alcalde, que ía acompañado pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, e polo voceiro do grupo municipal, Jacobo Moreira, mantivo unha pequena conversación cos pais afectados aos que recomendou que realizasen unha proposta. Pero estes pais indican que non saben xa a quen dirixirse. Sinalan que a concelleira Carme da Silva non os recibe.
"A las dos de la tarde no tenemos manera de coger a los niños en coche porque los profesores no tienen manera de acercarnos a los niños hasta la calle Sierra" indicaba algunha das nais ante o Alcalde e apuntaba que "yo no puedo económicamente pagar y dejar el coche en el aparcamiento del Mercado de Abastos, como propone el concejal César Mosquera".
Sinalan, ademais, que están a ser sometidos a un acoso por parte da Policía Local que os está a multar cando intentan achegar os nenos ao centro escolar. Esperan que o Concello lles ofreza unha solución tras ter presentado escrito con duascentas sinaturas no rexistro municipal. Se non é así, ameazan con adoptar medidas de protesta a partir do 9 de xaneiro cando se retome a actividade escolar.