Denuncian que o xacemento arqueolóxico da Lanzada está abandonado e "parcialmente derruído"
Por Redacción
Podemos Sanxenxo denunciou este domingo o estado de abandono no que se atopa o xacemento arqueolóxico da Lanzada e pediu ao Concello que poña en valor este recurso patrimonial.
Alexandre Portela Gutiérrez, candidato de Podemos Sanxenxo á Alcaldía, sinala que o xacemento está totalmente abandonado, tanto por parte do Concello de Sanxenxo como da Xunta de Galicia, "chegando a estar parte do propio xacemento, parcialmente derruído".
Lembra que este xacemento ten unha "enorme importancia patrimonial e histórica" e insiste na necesidade de "protexer, valorar e potenciar os distintos recursos históricos" de Sanxenxo para fomentar diversas actividades lúdicas e tamén de ámbito laboral que "poderían repercutir positivamente na nosa vila non só nos meses de verán".
Para Podemos Sanxenxo, este sería un primeiro paso para avanzar no tan necesario proceso de desestacionalización do turismo do concello, dando lugar a novas oportunidades laborais e "demostrando que Sanxenxo é algo máis que sol e praias dous meses ao ano".
Relacionadas:
-
A posta en valor da torre e o xacemento da Lanzada, proposta aos fondos europeos Next Generation
Por Redacción |
-
Novos estudos demostran que o xacemento da Lanzada é do tamaño da praia de Silgar
Por Redacción |
-
Comezan na Lanzada os traballos do xeorradar cara o proxecto de musealización do xacemento
Por Redacción |
-
A exploración no xacemento da Lanzada retomarase a semana que vén
Por Redacción |