Peche do ciclo da auga e creación de emprego local, dos de las peticiones de Ana Cedeira (POAL) a ENCE
Por Redacción
Ana Cedeira, número dous de Pontevedra Alternativa (POAL) e presidenta do comité de empresa de oficinas de Ence, declaraba xunto a Carlos Fontán, candidato á alcaldía, e Pedro Estévez, secretario xeral, que van poñer "deberes" a Ence, despois da resolución do Tribunal Supremo que establece a permanencia da factoría ata 2073 na ría pontevedresa.
Demandan como grupo político unha visita ás instalacións para coñecer de primeira man o proceso produtivo. Desde esta formación indican que "Pontevedra Alternativa entende que a localización da planta non é a idónea e que hai cidadáns que non apoian a súa estadía, o cal comparten e respectan".
Ana Cedeira alerta, ademais, dos deberes que Ence deberá cumprir coa sociedade: "estamos en disposición de facer certas esixencias á fábrica para que mellore a vida dos nosos cidadáns", explicou. Pide o peche do ciclo de auga coa eliminación da dependencia do Lérez e o seu abastecemento; recuperar o investimento en infraestrutura; e crear emprego local.
Ademais, en relación á política ambiental esixen "o cumprimento dos estándares" e tamén "investigación para mitigar o impacto na contorna da fábrica". Esta nova agrupación política expresa que "calquera indicio de falta de investimento ou de vertedura podería cambiar o noso posicionamento de forma radical".
Pola súa banda, Fontán tamén inclúe compromisos realizados pola pasteira anos atrás como a creación da planta de biomasa e dun centro de I+D+i en Lourizán. "Aínda que o PP se poña de perfil e non o reclame, Pontevedra Alternativa si o fará", indica.
Estévez tamén se expresou en leste mesmo sentido "agora que temos unha obriga social e xurídica de convivencia coa fábrica temos que aproveitarnos dela". O secretario xeral felicitou, ademais, ao persoal e demandou unha relación de "comunicación aberta e proactiva" entre a empresa e a cidadanía.
Relacionadas:
-
POAL presenta as súas propostas para a mocidade, "un dos sectores da sociedade máis abandonado en Pontevedra"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Pontevedra Alternativa chama a aliarse con outros concellos para impulsar o "gran polígono industrial da ría"
Por Redacción |
-
Pontevedra Alternativa presenta a súa lista ás eleccións para "cambiar as cousas e melloralas"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Lores afirma que a sentenza de Ence abre novas posibilidades de recurso e garante que o Concello "vai seguir loitando"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Ethel Vázquez, sobre o antigo emisario da depuradora: "Non vemos impedimento para que o poida utilizar ENCE"
Por Anxo Lourido |
-
ENCE prevé investir 130 millóns na súa fábrica de Lourizán nos próximos dez anos
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra Alternativa e Vox cren que o alcalde debería dimitir tras o fallo do Supremo sobre ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
"Satisfacción" en ENCE tras confirmar o Supremo a legalidade da súa concesión en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O persoal de ENCE na fábrica recibiu a nova da súa continuidade en Pontevedra con "sorrisos, bágoas e prantos"
Por Anxo Lourido |
-
ENCE, ata 2073: O Tribunal Supremo avala a continuidade da pasteira en Lourizán
Por Alejandro Espiño |
-
Ana Cedeira, presidenta do comité de oficinas de Ence, fichada por Pontevedra Alternativa como número 2
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |