A Praza do Regueiro queda pechada ao tráfico a partir do luns para iniciar a pavimentación
Por Redacción
A Praza do Regueiro, no concello da Illa de Arousa, quedará a partir de luns día 27 de febreiro totalmente cortada ao tráfico ao comezar as obras de pavimentación do tramo que queda pendiente. A previsión de Luis Arosa, concelleiro de Servizos, é que estes traballos conclúan cara finais de semana polo que é posible que o venres próximo se reanude o tráfico no entorno da praza.
Ata agora a Praza do Regueiro tiña un corte parcial de tráfico a causa do formigonado de parte da superficie, con desvíos provisionais a través de rúas aledañas; e agora a prohibición de estacionamento exténdese a todo o entorno. "Exactamente igual que durante as Festas do Carme; serán catro ou cinco días como máximo nos que a Praza quedará totalmente inaccesible para o tráfico rodado". O concelleiro de Servizos pide paciencia aos usuarios deste entorno e lamenta as molestias que esta obra poida estar ocasionando pero engade que é "totalmente imprescindible para darlle un pulo importante a estes traballos que están xa na súa recta final".
De feito, na praza instalaronse xa elementos de xogo incluidos no proxecto, que contempla un parque con diversas áreas, unha infantil e outra con aparatos de exercicio para as persoas de máis idade. No mesmo ámbito acondicionarase unha pista polideportiva pensada para a mocidade xa que a idea desta reestructuración é crear un espazo de encontro interxeracional. Por elo, a mesma praza acolle tamén unha zona de uso cultural con cabida para as Festas do Carme.
A eliminación das barreiras arquitectónicas, os pasos peonís sobreelevados e reductores de velocidade fan confiar ao goberno local que a renovada Praza do Regueiro converterase nun revulsivo para o comercio de proximidade e a dinamización de todo o ámbito, xa que ese é precisamente o obxectivo desta actuación urbanística acometida a través do programa ReacPon da Deputación de Pontevedra, cun investimento de 1,5 millóns de euros.
Relacionadas:
-
A cidadanía da Illa de Arousa xa pasea polas renovadas Praza do Regueiro e Avenida de Castelao
Por Redacción |
-
Renovan o pavimento no barrio do Barnal canalizando a fibra óptica
Por Redacción |
-
Quince paneis solares farán da Praza do Regueiro un espazo autosuficiente enerxeticamente
Por Redacción |
-
Denuncian desfeitas polo vandalismo no parque infantil da praza do Regueiro da Illa
Por Redacción |
-
A reforma da Praza do Regueiro encara a última fase
Por Redacción |