Os maiores de Meaño reciben formación sobre o uso do móbil e a banca electrónica
Por Oskar Viéitez
"Acortar as limitacións que a dixitalización da vida cotiá supón para a poboación en xeral e particularmente para a terceira idade" é un dos principais obxectivos del alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, que desde o Concello promove diferentes formacións orientadas a este colectivo.
Conta para elo coa colaboración da Asociación de veciños de Dena, implicada tamén na reducción da fenda dixital, con directivos de Abanca e ata coa Subdelegación do Goberno, que non hai moito desprazou aos seus técnicos ao municipio para que a cidadanía coñecese o proceso para a tramitación administrativa de xeito dixital así como as vantaxes de contar con firma dixital e acceder á carpeta Cidadanía.
Un total de 14 persoas descargaron ao término da charla informativa a súa clave permanente; un dato que para Carlos Viéitez supón un éxito tendo en conta que a idade media dos asistentes superaba os 65 anos.
Na Asociación de veciños de Dena o Concello ten un aliado permanente no obxectivo da adaptación á era da dixitalización. Desde o pasado mes de outubro na Casa de Cultura organízanse diferentes actividades que terán continuidade ao longo deste ano e que imparten ensinanzas tan dispares como o xeito de presentar unha instancia dixital no Concello ou o uso das redes sociais desde dispositivos móbiles.
Arredor dun centenar de maiores aprenderon nas tres actividades formativas cuestións tan cotidianas como a utilización da aplicación de Whatsapp desde o móbil, a facer e enviar fotografías ou a gravar un contacto. "As persoas maiores teñen unha gran capacidade de aprendizaxe e de adaptación, non coa mesma rapidez que a poboación máis nova pero hoxe todos queren actualizarse e sacarlle partido ao seu móbil", explica Carlos Viéitez, que considera que este tipo de aprendizaxe supón un pulo á autoestima das persoas maiores. "Por eso nos parece tan importante manter este tipo de formacións", apunta.
O Concello tamén contou coa colaboración de Abanca para que as persoas maiores se familiaricen cos caixeiros automáticos. Aprenderon tamén o uso da banca electrónica como a alternativa actual á atención presencial.
"É a nosa obriga acompañar as persoas maiores nesta aprendizaxe que sen dúbida redundará nunha mellor calidade de vida; tanto porque manterán a súa plena autonomía á hora de facer trámites cotiáns ou nun sentimento importante de inclusión no avance social cara a dixitalización", conclúe Carlos Viéitez.