Campolongo recupera a súa cancha de baloncesto
Por Redacción
As pistas de Campolongo recuperaron esta semana as súas canastras de baloncesto, ausentes desde que se fixo a reforma do centro deportivo no ano 2019.
Desta forma, o departamento dirixido polo concelleiro de Deportes e tenente de alcalde, Tino Fernández, pintou dúas canchas de baloncesto 3x3 e instalou dúas canastras móbiles por un custo de case 12.500 euros.
Tal e como informou Fernández a través das súas redes sociais, "hoy se han colocado las canastas en Campolongo. Mis disculpas por la tardanza. Ahora a disfrutar de ellas. A vida é movernos...".
Hoy se han colocado las canastas en Campolongo. Mis disculpas por la tardanza. Ahora a disfrutar de ellas. A vida é movernos..... pic.twitter.com/We1zYB0g3R
— Tino Fernández (@tinoafg) March 1, 2023
A partir deste intre, os usuarios poderán gozar deste espazo, que pode albergar partidos de baloncesto e de fútbol sala grazas ás dúas porterías instaladas hai un ano.
Pola súa banda, Guille Juncal, edil do partido popular, valorou positivamente a instalación deste novo equipamento. "Unha boa nova que, aínda que tarde, celebro. Pontevedra ten que contar cunha rede de instalacións deportivas de acceso libre ao nivel que esta cidade merece", indicou.
Unha boa nova que, aínda que tarde, celebro.
— Guille Juncal (@GuilleJuncal) March 2, 2023
Pontevedra ten que contar cunha rede de instalacións deportivas de acceso libre ao nivel que esta cidade merece. https://t.co/tHQ2xIqudg