Reunións informativas en Xeve e Amil sobre os polígonos eólicos proxectados

Por Redacción
O Centro Cultural de Santa María de Xeve acolleu este sábado unha reunión informativa sobre os polígonos eólicos proxectados na contorna.
"Sempre sorprende que, aínda que xa case finaliza o prazo do que é o segundo parque eólico na contorna, a xente non sabe absolutamente nada, ves caras de sorpresa, como que non o cren", comenta Lucas Andión, un dos relatores nestas citas informativas.
As tres comunidades de veciños de Xeve afectadas polo proxecto do Polígono Eólico Anduriña, no monte Acibal, decidiron reunirse tamén para tratar o tema.
O domingo reuníronse na Casa do Pobo de Redonde os veciños da parroquia de Amil, en Moraña, para preparar o Pleno Extraordinario que solicitaron ao Concello para tratar este tema e que se celebrará este luns para abordar a situación xerada polos parques eólicos de Acibal, Anduriña e Zudreiro no monte Acibal. Implican a instalación de dezaoito muíños xeradores de electricidade de douscentos metros de alto, de tal xeito que toda a contorna quedará rodeada por estas instalacións ou polas torretas das liñas de alta tensión.
Relacionadas:
-
Descobren petróglifos sen catalogar nunha andaina pola zona de creación do futuro polígono eólico Acibal
Por Redacción |
-
Loita fotográfica ambiental fronte á ameaza eólica
Por Redacción |
-
Veciños de Amil, Xeve e Campo Lameiro solicitan a paralización das obras do parque eólico do Acibal
-
Moraña rexeita ser "terra de sacrificio" nun concorrido Pleno sobre os parques eólicos
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Moraña alegará contra os parques eólicos de Anduriña e de Zudreiro
Por Redacción |