Veciños de Amil, Xeve e Campo Lameiro solicitan a paralización das obras do parque eólico do Acibal
Asociacións como a plataforma Amil Sen Eólicos, Ecoloxistas en Acción de Galicia e Petón do Lobo, e veciños de Xeve, Amil e Campo Lameiro solicitan a paralización inmediata das obras do parque eólico Acibal de Moraña.
Segundo apuntan, existen informes técnicos que prevén unha grave alteración hidrolóxica da zona húmida e dos mananciais de auga potable a consecuencia das obras de cimentación para instalar os aeroxeneradores do proxecto industrial eólico que impulsa Norvento, S.L.
As tres asociación solicitan á Xunta de Galicia que, debido aos posibles efectos negativos sobre o humedal de Brañas do Amil, no monte Acibal, e a masa protexida de auga soterrada, se proceda á delimitación do humedal seguindo criterios hidrolóxicos, edáficos, paleoecolóxicos, sedimentolóxicos e botánicos, baseándose na identificación de hábitats característicos das zonas húmidas de Galicia.
Aseguran que de non facelo e proceder a dar comezo ás obras, vaise producir unha alteración importante da capa freática coa conseguinte alteración do ecosistema. Unha circunstancia que califican de inadmisible, e máis cando isto vai supoñer tamén unha modificación da conectividade dos cursos de auga subterráneos e superficiais.
Segundo indican as asociacións, entre as especies en perigo de extinción está a Macromia splendens, unha libélula protexida pola directiva europea de hábitats.
Conclúen, en consecuencia, coa necesidade de requerir á Dirección Xeral de Planificación enerxética e recursos naturais da Xunta de Galicia, a Augas de Galicia, á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta e ao Concello de Moraña sobre a paralización cautelar indicada en base ao principio de precaución en materia ambiental.
Relacionadas:
-
Declaran a Campo Lameiro como "concello libre de eólicos"
Por Redacción |
-
A Xunta entrega tendas de campaña de emerxencias ás agrupacións de Protección Civil en Moraña e Portas
Por Redacción |
-
Descobren petróglifos sen catalogar nunha andaina pola zona de creación do futuro polígono eólico Acibal
Por Redacción |
-
Loita fotográfica ambiental fronte á ameaza eólica
Por Redacción |
-
Xeve, en pé de guerra ante o panorama "terrorífico" de estar rodeado por tres parques eólicos
Por Alejandro Espiño |
-
Moraña rexeita ser "terra de sacrificio" nun concorrido Pleno sobre os parques eólicos
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Moraña alegará contra os parques eólicos de Anduriña e de Zudreiro
Por Redacción |
-
Reunións informativas en Xeve e Amil sobre os polígonos eólicos proxectados
Por Redacción |