A CIG conmemorará o Día da Clase Obreira Galega con mobilizacións
Por Redacción
A CIG conmemorará o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira, cunha xornada de mobilizacións nas sete cidades mais en Vilagarcía, Viveiro e A Estrada baixo o lema "As pensións non se tocan. Emprego, salarios e servizos públicos".
En Pontevedra a concentración será na Praza da Peregrina e en Vilagarcía na Praza de Galicia, ambas ás 20 horas.
O acto central da xornada terá lugar en Ferrol, onde se realizará a tradicional ofrenda floral ao pé do monumento en memoria das loitas protagonizadas pola clase traballadora galega en 1972, durante as que foron asasinados, a mans da policía franquistas, Amador e Daniel.
Dende a CIG sionalan que as medidas postas en marcha polo Goberno español e galego "resultan insuficientes, e mesmo inexistentes, para afrontar a crise, mentres o capital está tirando proveito da carestía da vida, obtendo millonarios beneficios a conta do saqueo ao pobo traballador e ás maiorías sociais".
Ademáis rexeitan a pretendida reforma das pensións para aumentar a 30 anos o período de cálculo, "o que suporá un novo recorte das contías de entre un 6% e un 8%, como o propio Banco de España recoñece".
Tamén inciden no contexto actual marcado pola elevada carestía da vida, o empobrecemento xeneralizado dos salarios, o "secuestro" da negociación colectiva pola patronal e os chamamentos a un Pacto de Rendas "que ten como obxectivo impor a moderación salarial, imposibilitando calquera recuperación do poder adquisitivo dos salarios".
Por todas estas razóns, a CIG chama á "manter a mobilización ante a patronal e ante os Gobernos diante da necesidade de dar resposta a unha realidade económica e social extrema que está a ter un impacto brutal no conxunto das maiorías sociais".
Relacionadas:
-
"As pensións non se tocan", a demanda da CIG no Día da Clase Obreira Galega
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
'A crise non a imos pagar as traballadoras', lema para realizar as manifestacións do 8M da CIG
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Traballadores de oficinas mobilízanse en Pontevedra e Vilagarcía para esixir un novo convenio colectivo
Por Redacción |
-
A CIG sae á rúa contra a reforma das pensións
Por Oskar Viéitez |