O xardín de camelias da Finca Areeiro acada a excelencia internacional
Por Redacción
O xardín de camelias da Finca Areeiro acaba de obter a distinción de Xardín de Excelencia Internacional da Camelia, que concede a Sociedade Internacional da Camelia.
Trátase dunha distinción que só posúen seis espazos en España, cinco deles na provincia de Pontevedra, e 60 no mundo. O Castelo de Soutomaior foi o primeiro en España en obter esta distinción no ano 2012.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou a súa ledicia polo recoñecemento e destacou o traballo "único" e "salientable" que se realiza nesta finca, pois "foi Areeiro quen realmente situou á camelia como a flor desta comunidade e, desde logo, como a flor das Rías Baixas".
Con esta distinción, a Sociedade Internacional da Camelia recoñece as excepcionais condicións, a calidade e o traballo da Estación Fitopatolóxica no coidado deste xardín da Deputación.
Este ano, só dous xardíns reciben esta distinción e o segundo é o Xardín Botánico de Shanghái. A presidenta provincial destacou esta circunstancia. "Son só dúas distincións no mundo e é algo para tomar conciencia e orgullo do que somos"
O galardón entregarase o 28 de marzo no transcurso dun congreso internacional no Lago Maggiore, na localidade de Vabeno.
A colección de camelias de Areeiro está composta por 70 especies e 1.300 cultivares. A especie con máis exemplares plantados é a camelia xapónica, seguida da sinensis, sasanqua, reticulata e híbridos, entre outras. As camelias distribúense por todo o xardín en 24 áreas, nas que se inclúen zonas de sasanquas, reticulatas, outra con camelias seleccionadas de antigos espazos galegos e portugueses e un área con camelias de diferentes países.
Relacionadas:
-
25 especialistas de Galicia en cultivo de camelias amosan a súa arte en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Luís López anuncia un investimento de 130.000 euros para mellorar a Estación Fitopatolóxica de Areeiro
Por Redacción |
-
O Castelo de Soutomaior e os pazos de Lourizán, Rubiáns e Quinteiro da Cruz, adhírense á Rede Europea de Xardíns Históricos
Por Redacción |
-
TéAreeiro, un té de camelia feito en Pontevedra que "sabe a natureza"
Por Redacción |
-
Volve a Mostra da Camelia con 30 expositores e máis de 300 variedades
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Rocío Barreiro, investigadora de Areeiro, acada o cum laude cunha tese sobre propiedades anticanceríxenas da camelia
Por Redacción |
-
Especies vexetais do Areeiro enriquecerán os xardíns públicos da provincia
Por Redacción |
-
Máis de 400 persoas xa participaron nas visitas á Estación Fitopatolóxica do Areeiro
Por Redacción |