Ofelia Rey, sobre las mujeres recluidas en conventos: "estamos estudando casos das que quixeron saír e protagonizaron procesos moi difíciles"
Por María José Pita
Los conventos y monasterios de Galicia fueron testigo de historias de mujeres que eran ingresadas forzosamente por sus familias. De modo que en estos lugares de recogimiento llegaron a convivir monjas vocacionales con hijas de familias acomodadas que tenían que renunciar a su herencia para recluirse. ¿Quiénes eran y por qué estaban en los conventos?
Esta será una de las cuestiones a las que intentará dar respuesta Ofelia Rey Castelao (A Estrada, 1956), catedrática de Historia Moderna por la Universidad de Santiago de Compostela y Premio Nacional de Historia en 2022, en la conferencia que pronunciará este jueves 16 de marzo a las 20 horas en el Convento de Santa Clara, organizada por el Museo de Pontevedra, bajo el título ‘Emancipación y transgresión. Mujeres en los conventos de la Edad Moderna’.
Ofelia Rey Castelao atiende por teléfono a PontevedraViva minutos antes de empezar la clase de la asignatura ‘Cultura e poder na Idade Moderna’, que imparte en la Universidad de Santiago.
- ¿Puede darnos un anticipo de lo que va a exponer en su conferencia en Pontevedra?
O que se me pediu é que falase das mulleres que estaban nos conventos na Idade Moderna, e especialmente o que había de transgresión ou desobediencia nesas mulleres. Escollín Santa Clara porque era un convento moi importante de Galicia, todas as ordes dependentes do franciscanismo eran as que estaban máis presentes no territorio galego. Vou falar da vida interna nos conventos femininos.
- ¿Ha visitado el Convento de Santa Clara, recientemente abierto al público?
Hai moitos anos dirixín unha tesina sobre Santa Clara que está publicada, de Abel Otero Piñeiro, polo tanto para min é unha institución moi coñecida desde o punto de vista da Historia, pero en cambio nunca tiven a oportunidade de estar dentro.
- ¿Le va a provocar una sensación especial estar este jueves en este espacio ya desacralizado?
Eu conventos desacralizados coñezo moitos, porque os de homes foron todos desacralizados en 1835, logo foron recuperados, pero a meirande parte deles non. Traballo moitas veces no Arquivo Diocesano de Santiago que está en San Martiño Pinario, que foi o mosteiro máis grande de toda Galicia ata 1834, entón para min a desacralización é un proceso normal.
A circunstancia dos conventos de mulleres é un pouco diferente porque cando en 1835 se botou os homes dos conventos e mosteiros, ás mulleres non. En certo modo elas permanecen, por exemplo as clarisas de Pontevedra, que levaban aquí dende mediados do século XIV ata que marcharon.
Agora hai un problema de falta de xente nova que os queira habitar, e polo tanto, van quedando cada vez máis paulatinamente baleiros en toda España. É un problema dende o punto de vista do patrimonio se non hai quen se encargue de recuperar os edificios e de custodiar o patrimonio, que é enorme.
- En los conventos femeninos se dio un fenómeno por el que las hijas de familias ricas eran ingresadas en ellos, incluso en contra de su voluntad.
As mulleres que entraban nos conventos e mosteiros tiñan que ser de familias acomodadas, porque había que pagar unha dote que non era pequena
En xeral, as mulleres que entraban nos conventos e mosteiros tiñan que ser de familias acomodadas, porque había que pagar unha dote que non era pequena. Por outra banda, anque elas renunciaban á herdanza cando entraban nos conventos e mosteiros, o certo é que logo as familias lles tiñan que dar diñeiro para gastos. E logo elas procedían de familias que estaban economicamente ben, e dentro dos conventos preferirían seguir vivindo moi ben.
Os conventos e mosteiros en Galicia eran poucos, moi ricos, e non tiñan necesidades económicas. Se acaso as mulleres pobres entraban ou ben como criadas ou ben como o que chamamos ‘monxas legas’, mulleres que eran relixiosas parciais, é dicir, que non tiñan os votos completos de profesión que tiñan as outras.
- En su libro 'Historia de las mujeres en Galicia' habla de las ‘monjas de velo blanco’, ¿estarían las ‘monjas legas’ dentro de esa categoría?
As monxas eran de ‘velo branco’ e de ‘velo negro’, dependendo de se pagaban dote, e polo tanto eran ‘profesas maiores’, digamos, ou eran ‘legas’. As ‘legas’ simplemente entran para traballar para as outras, era unha situación bastante lamentable porque eran como as criadas das demais.
- ¿Había alguna manera de que las mujeres acomodadas pudiesen abandonar el convento o monasterio?
Si. Nós agora mesmo estamos estudando os casos que houbo de mulleres que quixeron saír e que protagonizaron procesos moi difíciles porque unha vez que se entra, e sobre todo unha vez que se renuncia á herdanza, era moi difícil volver para casa, as familias opoñíanse a que elas volvesen. Pero tamén atopamos casos extraordinarios de mulleres que foron reclamadas polas familias para que volvesen ás casas. Por exemplo, unha familia nobre ou fidalga que quedara sen herdeiros, entón había que ir buscar a aquelas mulleres que deixaran nos conventos e recuperalas.
É un mundo moi diverso, antes se tiña a idea de que unha vez que entraban non tiñan contacto co mundo nin coas familias. Iso é un erro. Tiñan contacto practicamente diario. Ao fin e ao cabo, elas non entraban porque querían. Cando eran moi noviñas as metían as familias sen pedirlles permiso. Polo tanto a finais do século XVIII hai bastantes casos de mulleres que quixeron saír dos conventos e dos mosteiros.
- En otra entrevista le he leído reflexiones sobre la importancia de conocer la Historia. Además de descubrir a estas monjas tan peculiares, ¿por qué es necesario saber de esta parte de la Historia?
A Historia é a única ciencia social que traballa co futuro do pasado, se non coñecemos o noso pasado dificilmente nos coñecemos a nós
A Historia é a única ciencia social que traballa co futuro do pasado. Eu considero que é practicamente a ciencia social perfecta porque engloba a todas, e é tamén a ciencia social que máis visibilidade lle dá ás mulleres. Nós somos o que somos hoxe en día, só somos pasado, o día a día non existe e o futuro está por ver. Entón eu creo que non é que sexa unha obriga estudar Historia, pero si coñecela, porque se non coñecemos o noso pasado dificilmente nos coñecemos a nós.
No caso das mulleres aínda máis, porque nós non fixemos revolución ningunha pero fixemos unha evolución silenciosa para chegar a onde estamos. E o caso das monxas, non é que contribuíran moito nese sentido, pero eran as únicas mulleres que na inmensa maior parte delas sabían todas ler e escribir. Por exemplo, algo moi chamativo é que as contas dos mosteiros e dos conventos na maior parte dos casos estaban levadas por mulleres.
Por tanto é un ámbito moi interesante que nos permite explicarnos a nós mesmas, e no caso das monxas dos conventos e mosteiros, ademáis é a Historia e o patrimonio xigantesco que nos teñen deixado. E por todo iso creo que é un tema de grandísimo interese.
- Para finalizar, tengo que darle la enhorabuena por el reciente Premio Nacional de Historia por su libro ‘El vuelo corto. Mujeres y migraciones en la Edad Moderna’ y formularle una pregunta: ¿por qué en Galicia conocemos más el Premio Nacional de Cinematografía otorgado en la misma edición de 2022 a Penélope Cruz, siendo la suya una trayectoria más larga y además gallega?
As institucións fan todo o que poden para visibilizalos. Cando o Ministerio de Cultura fixo públicos os premios non houbo diferenzas. Logo hai unha parte de responsabilidade dos xornalistas, que son os que escollen o que interesa [risas]. Se a Penélope Cruz danlle o Premio Nacional de Cine deste ano e a min o de Historia, pois interesa máis Penélope Cruz, e enténdoo. Todos recibimos un premio idéntico, coa mesma cantidade de diñeiro, o mesmo diploma. Tamén pasa co Nacional de Literatura, porque hai máis xente que le novela que a que le obras de Historia. Para nós, no ámbito académico, o Premio Nacional de Historia é importantísimo, pero eu ademáis síntome moi orgullosa porque é un libro sobre mulleres, sobre mulleres migrantes, e un libro de historia social, cando normalmente o premio se dá á historia política, por iso nese sentido eu considérome unha pioneira.
Relacionadas:
-
El Museo inicia su programación anual de conferencias con dos citas desde una perspectiva feminista
Por Redacción |
-
Las mujeres científicas gallegas, protagonistas en el IES de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Una exposición fotográfica en la Biblioteca pone en valor el papel de la mujer gallega en el siglo XX
Por Redacción |