Rafa Domínguez e Ángel Moldes piden transparencia ao goberno local cos seus plans para o tráfico na ponte da Barca
Por Natalia Puga
Os portavoces do PP en Pontevedra e Poio, Rafa Domínguez e Ángel Moldes, mostraron este mércores a súa preocupación por como van afectar á comunicación entre ambos os municipios os dous documentos de mobilidade PMUS e Axenda Urbana aprobados polo Concello de Pontevedra e pediron maior transparencia aos actuais gobernos locais sobre os seus plans para o tráfico na contorna da ponte da Barca.
Así, Rafa Domínguez afeou ao goberno local BNG-PSOE de Pontevedra que "escribiron" nestes documentos que modificarán a mobilidade nesta contorna, pero "non describiron como" o farán, cales son os seus plans específicos.
Ángel Moldes, pola súa banda, insistiu en que "se os veciños de Pontevedra non o evitan", teme que "a intención do BNG e o PSOE é clara, pechar esa contorna", de tal forma que a ponte da Barca non poden pechals ao tráfico porque é unha competencia da Xunta de Galicia, pero si poden reorganizar o tráfico de tal forma que "xa non sexa preciso pechar a ponte, senón que o van a deixar sen uso".
Moldes critica ao BNG de Pontevedra e Poio "por acción" e ao de PSOE "por cómplices" e considera que existe un pacto entre ambos os partidos, que gobernan en coalición en ambos os municipios, para non mover moito este tema ata despois das eleccións municipais do 28 de maio, pero que a súa intención é "clara", que a ponte quede sen tráfico.
Domínguez e Moldes comprometéronse a manter a dobre dirección da circulación na ponte da Barca e insistiron en que son "os únicos que garanten unha sa relación entre os dous concellos" e manter os dous carrís actuais de circulación. Tamén se erixen como os únicos que se comprometen a abrir o tráfico de Raíña Vitoria, neste caso, o PP pontevedrés.
Os dous portavoces locais compareceron na sede provincial do PP e sinalaron que estas intencións que ven no BNG e o PSOE son un "ataque directo" á comunicación entre ambos os municipios. Pola súa banda, ven "absolutamente necesario" que existe unha boa comunicación entre os dous municipios veciños. "Que exista unha boa comunicación é imprescindible para as empresas e para os veciños", insisten.
Os 'populares' piden "que todo o mundo sexa claro e faga un exercicio de transparencia", pois consideran que, para as eleccións municipais, os veciños deben saber que propón cada partido neste sentido e elixan entre os dous modelos propostos.
Ademais, tal e como explicou Rafa Domínguez, eles si son partidarios de mellorar a mobilidade peonil e ciclista entre ambos os municipios e recoñecen que "se ten que estudar e tense que mellorar" na ponte da Barca. Para iso, abre a porta para estudar unha ampliación da infraestrutura para crear un carril bici e mellorar a circulación peonil.
Relacionadas:
-
Quen reclama abrir Raiña Vitoria "aposta porque os veciños paguen por circular ou que compren un coche eléctrico"
Por Oskar Viéitez |
-
Transporte público gratuíto na cidade, nova proposta electoral do PP
-
Pontevedra mostra o seu plan de acción para renaturalizar a contorna dos ríos e loitar contra a emerxencia climática
Por Manu Otero |
-
Os pontevedreses "abrasan" a preguntas ao portavoz popular sobre o futuro urbano que contempla o goberno local
Por Redacción |
-
O pleno de Poio rexeita a moción do PP na que pedía ao goberno local de Pontevedra a reapertura de Raíña Vitoria
Por Redacción |
-
Lores, sobre Raíña Vitoria: Era o eixo dun "circuíto" de tráfico que "atascaba toda a cidade"
Por Alejandro Espiño |
-
Raíña Vitoria seguirá pechada ao detectarse unha baixada de máis de 5.000 vehículos diarios na contorna
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |