Quince recoñecidas expertas participarán no III Encontro Nacional sobre Políticas Públicas da Escola María Vinyals
Por Oskar Viéitez
A Escola de Igualdade María Vinyals celebrará os vindeiros días 29 e 30 de marzo o terceiro Encontro Nacional de Políticas Públicas, no Castelo de Soutomaior.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este xoves en rolda de prensa o programa destas xornadas que coordina Rosa Cobo Bedía, escritora feminista e profesora titular de Socioloxía do Xénero na Universidade da Coruña.
"Queremos saber de primeira man, e coa voz de 15 recoñecidas expertas a nivel galego e nacional, cal é a verdadeira situación que estamos a ocupar nos centros de decisión política e de comunicación do noso país", dixo a presidenta provincial.
O mércores 29 de marzo, as dez da mañá será a apertura do encontro a cargo da presidenta da Deputación de Pontevedra. O relatorio inaugural correrá por conta de Inés Alberdi Alonso, catedrática de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid.
A continuación seguirá a primeira mesa de debate aorredor do tema "Poder Executivo autonómico. Deputacións", na que participarán Nuria Varela Menéndez, directora xeral de Igualdade do Goberno do Principado de Asturias e a propia Carmela Silva Rego.
A segunda mesa versará sobre o "Poder Executivo. Concellos" con Rosa Gómez Limia, licenciada en Xornalismo e expresidenta da asociación Teenses pola Igualdade; Encarna Otero Cepeda, licenciada en Historia, política nacionalista e feminista e Marta Lois González, licenciada en Filosofía e doutora en Ciencia Política pola Universidade de Santiago de Compostela e exconcelleira de Igualdade e Promoción Económica no Concello de Santiago.
Pola tarde a primeira conferencia será a de Marina Subirats Martori, catedrática emérita de Socioloxía da Universidade Autónoma de Barcelona.
A terceira mesa abordará o "Poder Executivo. Parlamento", con Laura Berja Vega, deputada por Jaén e portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso; Marta González Vázquez, doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora da área social no Grupo Parlamentario Popular no Congreso; e Beatriz Gimeno, licenciada en Filoloxía Semítica. Exdirectora do Instituto das Mulleres e deputada na Asemblea de Madrid por Unidas Podemos.
O xoves 30 de marzo comeza a xornada coa cuarta mesa "Medios de comunicación" con Ana Pardo de Vera, licenciada en Filoloxía Hispánica e cun mestrado en Medios de Comunicación, directora corporativa e de Relacións Institucionais de Público; Isabel Valdés Aragonés, licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, xornalista especializada en feminismo e correspondente de xénero en El País.
A quinta mesa tratará sobre o "Poder Xudicial" do que falarán Teresa Peramato Martín, licenciada en Dereito pola Universidade de Salamanca e Fiscal de Sala contra a Violencia sobre a Muller e Cira García Domínguez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Violencia sobre a Muller número 1 de Albacete.
O relatorio de clausura será responsabilidade de Marina Subirats Martori e as conclusións do falado nestas xornadas as fará Rosa Cobo.
Relacionadas:
-
Reivindican "ferramentas" para que as mulleres poidan acceder "á metade do ceo"
Por Redacción |
-
O III Encontro Nacional de Políticas Públicas aborda a situación das mulleres no poder
Por Redacción |
-
O Pazo Provincial repasa a pegada feminina na música nun espectáculo multidisciplinar
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación ten previsto mobilizar outros 3,8 millóns de euros para os concellos da provincia
Por Oskar Viéitez |
-
"A nosa voz, o noso espazo. Os nosos dereitos", lema da Deputación na "intensa" programación do 8M
Por Oskar Viéitez |
-
O II Encontro Nacional de Políticas Públicas alerta sobre "o renacemento da misoxinia"
Por Oskar Viéitez |
-
Piden situar no centro do discurso político á Igualdade e sinalan que se está a substituír por diversidade
Por Oskar Viéitez |