Estudan a ampliación da vía de acceso ao centro de saúde de Meaño
Por Redacción
A empresa Enurcoin SL será a encargada de redactar o proxecto de ampliación da Rúa Herminia Fariña do Concello de Meaño.
Esta vía sen saída conecta co centro de saúde e co CEIP As Covas.
Este traballo técnico, que se adxudicou por unha cantidade de 34.472 euros, marcará o trazado e as características desta vía. No informe recolleranse as parcelas particulares afectadas pola ampliación e as expropiacións necesarias para executar a ampliación.
A obra que se pretende realizar busca garantir a seguridade viaria tanto para condutores como para peóns. O alcalde Carlos Viéitez considera necesario mellorar o actual trazado debido á intensidade de tráfico que se rexistra na zona durante as horas punta debido á presenza de autobuses escolares.
A este incremento de vehículos súmanse os numerosos peóns que circulan por este espazo tanto para dirixirse ao Centro de Saúde como ao centro educativo.
En 2022 sacáronse os traballos de redacción deste proxecto, quedando deserto. O proxecto actual contempla a remodelación da praza Herminia Fariña, na que figura a escultura en pedra dedicada á poeta.
Relacionadas:
-
A pavimentación da rede viaria de Meaño rematará antes do verán
Por Redacción |
-
Comeza en Meaño a segunda fase de ampliación do vial A Pedreira-O Barreiro-Picón
Por Redacción |
-
Renovan a iluminación das instalacións deportivas e do polideportivo de Barrantes
Por Redacción |
-
Meaño inicia a cuarta fase de renovación do alumeado público
Por Redacción |