Prazo aberto para inscribirse no II Torneo de Smash Bros que se celebrará na Casa Rosada
Por Redacción
Xa se atopa aberto o período para inscribirse na segunda edición do Torneo Súper Smash Bros, previsto na Casa Rosada, en San Salvador de Poio, o sábado 22 de abril.
Rosa Fernández, concelleira de Mocidade, lembra que en 2022 se celebraba a primeira edición cun gran número de persoas participantes, malia que se mantiñan algunhas restricións derivadas da pandemia.
Neste 2023 ofrécense sesenta prazas. As inscricións deben realizarse a través desta páxina web, na que figuran as bases e normas desta competición virtual, que organiza a Asociación Gaming Troop en colaboración co Concello de Poio. As persoas interesadas deberán ser maiores de 13 anos.
O torneo comezará ás 11.00 horas e, ao longo da tarde, irán quedando postos abertos para que calquera persoa que se achegue ata as instalacións poida probar o xogo. Tamén se establecerá un punto específico sobre o mundo virtual con información.
Repartiranse premios en metálico entre as oito primeiras persoas clasificadas e aquela que gañe na competición obterá 130 euros.
Para máis información, a concellería pon ao dispor das persoas interesadas o correo xuventude@concellopoio.org
Relacionadas:
-
Un torneo de Super Smash Bros. Ultimate para dar a benvida a Gaming Troop
Por Redacción |
-
Artistas de Pontevedra, Poio e Barro, entre as novas participantes do programa Descúbreas
Por Redacción |
-
As escolas deportivas de Poio regresan a cifras prepandemia con máis de 700 menores inscritos
Por Redacción |