Os socialistas presentan na Illa unha candidatura liderada por Luís Arosa
Por Redacción
O Partido Socialista presentou este mércores no Auditorio a candidatura encabezada Luis Arosa e coa que concurren ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.
O candidato á Alcaldía sinalou que é un equipo "que combina a experiencia na xestión política local de boa parte dos seus integrantes coa incorporación de caras novas cheas de ilusión por sumarse a un proxecto coa ambición de seguir transformando a Arousa".
Na presentación participou Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra e do PSdeG, e por David Regades, secretario xeral do PsdeG na provincia de Pontevedra. O acto foi presentado por Manel Vázquez, exalcalde e responsable local da agrupación socialista.
Carmela Silva asegurou que "todos os grandes avances dos que pode presumir a veciñanza teñen nome e apelidos: gobernos socialistas" xa que "nós temos ideas, proxectos e programa. Pola contra o PP é un partido sin ideas, sin capacidade de xestión e que basa as súas tristes intervencións na confrontación e no intento de crear ruído".
O candidato socialista situou as políticas socialistas como a "ferramenta clave" da transformación do municipio
A candidatura está composta por Rosi Viana (2), Manuel García Poza (3), Leticia Oubiña (4), Manuel Cores (5), Raquel Martín (6), Melina Suárez (7), Francisco Javier Cardama (8), Lisa Dacosta (9), Avelino Cores (10), Gabriele Von Hundelshausen (11), Carlos Iglesias (12), Raquel Dacosta (13), Manel Vázquez (14), Arancha Vidal (15), Ervin Iglesias (16) e María Teresa Búa (17).
Relacionadas:
-
Cambio no BNG da Illa: Manuel Suárez encabezará a candidatura para as municipais
Por Redacción |
-
Unha de cada tres candidaturas do PSdeG-PSOE para as municipais estrearán cabeza de lista
Por Redacción |
-
Luís Arosa substitúe a Carlos Iglesias e preséntase como candidato socialista á Alcaldía da Illa de Arousa
Por Oskar Viéitez |