
© Xunta de Galicia
A Fundación Galega contra o Narcotráfico alerta na súa gala sobre a escalada do tráfico de drogas

Por Redacción

© Xunta de Galicia
A gala anual da Fundación Galega contra o Narcotráfico celebrábase este venres no Auditorio de Vilagarcía de Arousa coa presenza de Diego Calvo, vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni.
A vixésima edición da gala converteuse no escenario da entrega dos premios Nécora de Ouro, cos que se recoñece o labor de persoas e entidades que loitan contra o tráfico de drogas.
O premiado nesta edición foi Antonio Duarte, xefe da Brigada Central de Estupefacientes da Policía Nacional. Tamén recollían o galardón o xornalista José Antonio Pérez Docampo e a Sociedade Europea para a Investigación en Prevención.
Durante o acto, Manuel Couceiro, presidente da Fundación, alertou sobre a escalada do narcotráfico durante os últimos tempos en Galicia lembrando o descubrimento do laboratorio de elaboración de cocaína situado en Cerdedo-Cotobade ou diversas operacións policiais desenvolvidas nas Rías Baixas.
Relacionadas:
-
Suspendido un xuízo por narcotráfico ao sufrir un accidente de tráfico un dos acusados cando ía camiño da Audiencia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O xefe da Brigada Central de Estupefacientes, Antonio Martínez Duarte, premio Nécora de Ouro
Por Oskar Viéitez |
-
O laboratorio de cocaína de Cerdedo-Cotobade: produción 24 horas ao día con capacidade para 200 quilos diarios
Por Redacción |
-
Expertos en narcotráfico debaterán en Pontevedra en que punto se atopa a loita contra a droga
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Prisión para todos os detidos en relación co macro laboratorio de cocaína de San Xurxo de Sacos
Por Natalia Puga |
-
Unha operación antidroga internacional salpica a Pontevedra e desarticula un gran laboratorio de cocaína en Cerdedo-Cotobade
Por Natalia Puga | Creada e actualizada