O Encontro de Palilleiras regresa o 21 de maio ao Recinto Feiral
O Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra volve despois da pandemia coa súa XV edición. O evento terá lugar no Recinto Feiral o vindeiro 21 de maio en horario de mañá e tarde e coa participación de preto de 800 palilleiras chegadas de toda Galicia.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, compareceu esta mañá acompañado da edil de Cultura, Carme Fouces, xunto con varias socias da Asociación de Palilleiras de Pontevedra A Fieitiña, agrupación encargada da posta en marcha da cita xa clásica. "É o primeiro que facemos logo da pandemia, ten aberta aínda a inscrición até o 15 de maio, e agardamos contar cunha asistencia equivalente ao prestixio da cita", indicou o rexedor.
Lores agradeceu o esforzo da asociación, no só por ter organizado este encontro, tamén polas actividades que realizan ao longo do ano. "Non é só un encontro dun día ao ano onde vén xente de toda Galiza onde tamén hai unha exposición, hai venda de material... senón que ao longo de todo o ano fan cursos en Monte Porreiro, obradoiros en concellos próximos e outras actividades", destaca el mandatario.
Pola súa banda, a presidenta da asociación A Fieitiña, sinalou que "queremos seguir renovando a palillada. Temos xa 800 persoas anotadas e só podemos agardar a que a veciñanza de Pontevedra cruce o río, como sempre fixo, e que veña a interesarse polo encaixe", declaró Esperanza antes de adiantar que este ano exporán no recinto pezas elaboradas polas palilleiras do colectivo durante a pandemia.
Relacionadas:
-
Menos palilleiras, pero a mesma tradición e espectacularidade no seu encontro anual en Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
E catro anos despois... 850 'palilleiras' volven tecer en Pontevedra
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Cinco catadores profesionais para escoller os mellores viños de Ribeiras do Morrazo en Vilaboa
Por Redacción |
-
As palilleiras de Vilaboa completan a oferta artesanal da X Festa do Viño
Por Redacción |
-
Un encontro de palilleiras para celebrar e reivindicar
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |