Unha pasarela que conecte Mollabao coa Puntada, proposta dos socialistas de Pontevedra e Poio
Por Oskar Viéitez
Os candidatos do PSOE ás Alcaldías de Pontevedra e Poio, Iván Puentes e Gregorio Agís, propuxeron este luns a construción dunha pasarela peonil e ciclista que conecte Mollabao coa Puntada.
Ademais, unirán forzas para facer realidade os proxectos que permitirán crear unha malla comarcal de carrís bici e enlazar Bora con Combarro a través dunha rede de sendas, así como para demandar unha mellora do transporte metropolitano entre ámbolos municipios.
Estas propostas de colaboración, que os socialistas promoverán desde os seus respectivos gobernos locais, foron anunciadas tras un percorrido en bicicleta que Puentes e Agís protagonizaron pola ribeira do Lérez ata o Nó de Bombeiros.
Iván Puentes sinalou que o PSOE de Pontevedra leva no programa electoral unha modificación da Ordenanza de Mobilidade para favorecer e incentivar o uso da bicicleta "manteremos as zonas de plataforma única e convivencia de tráfico, con circulación de bicis e preferencia para os peóns, pero na zona do ensanche da cidade, caracterizada por rúas cun único sentido de circulación e un único carril, na que as bicicletas teñen que ir pola calzada, plantexamos que se habilite o dobre sentido, como se fai en París, Bruxelas e outras cidades europeas".
Asemade, os socialistas de Pontevedra propoñen que na zona periurbana se fagan carrís bici (avenidas de Uruguai e Bos Aires, Corvaceiras, 12 de Novembro, José Malvar, as conexións entre o Campus Universitario e a Estación Intermodal e da zona urbana coas parroquias e os concellos limítrofes).
Tamén propón a dotación dunha rede de aparcadoiros seguros para bicis (cubertos e que funcionarían cun código) en diversos puntos do concello, e adoptán medidas para fomentar a implantación da bicicleta eléctrica.
Gregorio Agís informou que "xa estamos a traballar con Costas e o Ministerio para a Transición Ecolóxica co obxectivo de unir con sendas peonís toda a fronte costeira, conectando Bora con Combarro". Segundo indicou, dentro do plan deseñado polo concelleiro de Urbanismo de Poio para enlazar a pé o seu municipio inclúese precisamente unha actuación que conectaría o paseo de Lourido coa capital.
O candidato á Alcaldía de Poio tamén fixo fincapé na necesidade de optimizar o transporte metropolitano "para dispoñer dunha liña continua desde O Grove ata Pontevedra que funcione ben, que sexa efectiva".
Agís anunciou a intención dos socialistas de Poio e Pontevedra para acometer o proxecto que unirá o barrio de Mollabao coa Puntada a través da ponte da autoestrada AP-9, "unha actuación relativamente sinxela, cunha pasarela que iría apoiada na propia estrutura e que non condicionaría en absoluto ningún aspecto técnico da ponte".
"Estamos a traballar con Fomento nesa intervención -sinalou-, que cremos que daría unha conectividade peonil importante entre unha zona moi habitada de Poio e outra zona moi céntrica da cidade Pontevedra, como é a de Mollabao. A pasarela iría ancorada na propia estrutura da ponte e non comprometería en ningún caso a navegación, xa que iría elevada".
Relacionadas:
-
28M | Gregorio Agís presenta 132 iniciativas transformadoras para Poio co aval da súa xestión
Por Oskar Viéitez |
-
Os candidatos do PSOE á alcaldía de Pontevedra e Campo Lameiro prometen unha rede conxunta de sendas fluviais
Por Redacción |
-
28M | O Goberno declara a urxente ocupación dos terreos afectados pola ampliación da EDAR de Paxariñas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Iván Puentes promete un programa de bolsas de inglés que financiará estadías no Reino Unido e Irlanda a alumnado de Secundaria
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
28M | "Xerar riqueza, benestar e calidade de vida", a aposta de Gregorio Agís para ser alcalde de Poio
Por Redacción |
-
O delegado de Zona Franca promete ampliar o polígono de O Campiño se Iván Puentes é alcalde
Por Manu Otero |
-
O PSOE aposta pola recuperación da senda fluvial do Rego do Mouro
Por Redacción |
-
O PSOE propón a creación dunha Cidade do Deporte en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Iván Puentes está convencido de que "está abierta la posibilidad de un sorpasso" no goberno municipal de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Poio solicitará a transferencia do polígono de Fragamoreira
Por Oskar Viéitez |