28M | "Xerar riqueza, benestar e calidade de vida", a aposta de Gregorio Agís para ser alcalde de Poio
Por Redacción
O Parque da Memoria, na Seca (San Xoán), acolleu na tarde deste venres o pistoletazo de saída á campaña electoral e a candidatura do socialista Gregorio Agís ao Concello de Poio.
Baixo o lema “O que funciona”, arroupado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, polos seus compañeiros e compañeiras de candidatura, así como por numerosos simpatizantes, Gregorio Agís quixo poñer en valor a ilusión, a experiencia e o coñecemento da Administración do seu equipo, capaz de liderar os grandes proxectos levados a cabo dende o Concello.
A achega de máis de 12 millóns de euros procedentes dos Fondos Europeos e a solución a problemas históricos da vila como a EDAR, o polígono de Fragamoreira, as novas sendas e os núcleos tradicionais que transformaron e humanizaron Poio son algúns dos moitos proxectos acadados neste mandato como concelleiros.
“Temos un equipo moi preparado, que conta cun gran coñecemento das áreas que deben desenvolver”, recalcou o Agís, que destaca que a candidatura socialista “nace do diálogo e o entendemento, de escoitar á xente, integrar equipos e tomar decisións para liderar o Concello”.
“Este é o Poio que funciona, o Poio que queremos e polo que traballamos neste últimos catro anos e polo que imos seguir traballando”, engade.
Cunha candidatura transversal, na que o traballo en equipo é clave para decidir a folla de ruta, Gregorio Agís mantén a súa aposta pola colaboración coas diferentes institucións para lograr o Poio do futuro que toda a veciñanza merece. “Queremos un Goberno no que caibamos todos, aberto, sen distincións por mor das ideoloxías, onde a cidadanía sexa partícipe nas decisións do día a día”, subliñou Gregorio Agís.
“Poio ten evolucionado pero necesita un pulo, ir máis alá, un proxecto ambicioso con liderazgo que permita transformar o noso municipio”, insiste o candidato socialista, que entende que a liña de traballo da súa candidatura ten “unha perspectiva de futuro, co obxectivo de xerar riqueza, xerar benestar e calidade de vida”, poñendo en valor os moitos recursos cos que conta o concello.
O desenvolvemento económico, comercial e sobre todo humano, co incalculable talento dos emprendedores, é tamén clave para a candidatura que lidera Gregorio Agís, que reitera que dende o Concello acompañarase e axudarase para que os proxectos e as ideas se convertan en realidades. “É importante optimizar os recursos humanos e a xestión municipal para que a atención aos cidadáns sexa máis eficaz, rigorosa e áxil”, reitera.
Relacionadas:
-
28M | "As nosas siglas son Poio", afirma o candidato do PSOE á Alcaldía, Gregorio Agís
Por Oskar Viéitez |
-
28M | Regades confirma en Poio que o polígono de Fragamoreira é unha prioridade para a Zona Franca
Por Redacción |
-
28M | Gregorio Agís presenta 132 iniciativas transformadoras para Poio co aval da súa xestión
Por Oskar Viéitez |
-
28M | O ministro Iceta aplaude as "ideas clarísimas" do PSOE de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
28M | O Goberno declara a urxente ocupación dos terreos afectados pola ampliación da EDAR de Paxariñas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PSOE aposta pola recuperación da senda fluvial do Rego do Mouro
Por Redacción |
-
Unha pasarela que conecte Mollabao coa Puntada, proposta dos socialistas de Pontevedra e Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Poio solicitará a transferencia do polígono de Fragamoreira
Por Oskar Viéitez |