Dous gañadores de Estrela Michelín, xurado nas semifinais do certame 'ASPACE cociñamos xuntos'
Por Redacción
Durante este martes 9, a Escola Naval Militar de Marín acollía a cuarta semifinal do VI Concurso de Cociña 'En ASPACE cociñamos xuntos', que organiza a Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/o Patoloxías Afíns (ASPACE-Galicia).
Nove grupos integrados por unha persoa con parálise cerebral de AMENCER ASPACE de Pontevedra, acompañados dun familiar ou un profesional da asociación, elaboraron as receitas utilizando unha tapa de pito, ingrediente base desta edición.
O grupo formado por José Luis Pita e Cristina Coves cunha receita en formato tradicional, e o equipo de María del Carmen Mougán e Lidia Diz cunha receita texturizada lograron a vitoria.
Dous grandes cociñeiros do Grupo Nove, gañadores da Estrela Michelín, Iñaki Bretal do Restaurante O Eirado da Leña (Pontevedra) e Daniel Guzmán de Restaurante Nova (Ourense) configuraban o xurado encargado de seleccionar as mellores propostas.
Pedro Cardona, comandante-director da Escola Naval, acudiu á celebración desta semifinal. A gran final está prevista en Lugo durante o 18 de maio.
Relacionadas:
-
O Pazo Provincial acolle a exposición fotográfica 'Yo Decido' de ASPACE
Por Redacción |
-
Inaugurada a nova residencia de Amencer-Aspace
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Paraugas de cores na Ferrería para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Cinco entidades da discapacidade piden a instalación dun gran cambiador inclusivo en Pontevedra
Por Redacción |