A Asociación Española de la Carretera premia o modelo de mobilidade da Deputación
Por Natalia Puga
A Deputación de Pontevedra suma un novo premio ao seu modelo de mobilidade aplicado na provincia. A Asociación Española da Estrada (AEC) decidiu conceder á institución unha medalla de honra polo seu compromiso coa recuperación do espazo público.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu a coñecer este venres o recoñecemento, que considera unha "boa noticia" non só para o goberno provincial, "que tamén", senón "para toda a provincia de Pontevedra", en tanto que a confirman como "referencia de mobilidade" de todo o Estado.
Fiel ao seu estilo de liderado que recoñece o traballo do equipo que fai posible poñer en marcha os proxectos da institución, Carmela Silva quixo recoñece este venres o labor realizado polos deputados Uxío Benítez, Cesáreo Mosquera e Gregorio Agís nesta materia durante o últimos oito anos.
A AEC agradece a colaboración da Deputación no Congreso Iberoamericano de Seguridade viaria e, segundo Carmela Silva, tamén a súa "aposta por que a xente estea en centro de todo o que facemos".
Así mesmo, a asociación pon en valor os proxectos postos en marcha nos distintos municipios da provincia tanto en materia de infraestruturas como no proxecto Ágora ou as accións para promover a igualdade entre mulleres e homes.
A presidenta contextualizou este premio no proxecto de mobilidade amable da Deputación que "favorece ás mulleres, ás nenas e nenos, ás persoas con discapacidade" e tamén a economía, o comercio, a hostalería e as zonas rurais, facéndoas máis atractivas.
Relacionadas:
-
Europa mira cara Pontevedra na busca de inspiración para peonalizar as súas cidades
Por Alejandro Espiño |
-
O Goberno apela desde Pontevedra a "no aplazar más" o pago da taxa de uso nas autovías
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación, anfitrioa do 25 Congreso Vyodeal, que reunirá en Pontevedra a expertos en mobilidade
Por Natalia Puga |
-
A Deputación presentará o seu modelo de mobilidade no Congreso Iberoamericano de Seguridade Viaria de Perú
Por Oskar Viéitez |