Readmitida a delegada da CIG que fora despedida da residencia Soremay
Por Redacción
A delegada do comité de empresa da residencia da terceira idade Soremay de Pontevedra que fora despedida en 2022 pola súa actividade sindical foi admitida, segundo indica a Federación de Servizos da CIG de Pontevedra.
A dirección do centro, segundo as mesmas fontes, recoñeceu a improcedencia da rescisión do contrato e decidía readmitir a traballadora antes de que se celebrase o xuízo que estaba previsto para o 24 de maio.
A CIG avalía positivamente a decisión ao entender que o despedimento só respondía á intención de "perseguir o traballo sindical da nosa compañeira Sandra Iglesias".
Desde esta central mantiveron desde o inicio do conflito que a rescisión do contrato era un "claro caso de represión sindical" ao entender que se trataba dunha decisión "inxusta e arbitraria" e sen fundamento, agravada desde o cambio de dirección na residencia sinalando que a traballadora sufriu "acoso e unha persecución enorme", accións que relacionan co traballo sindical que realizaba a empregada.
Relacionadas:
-
Protestas na empresa téxtil Vertifil de Moraña polo despedimento de persoal
Por Redacción |
-
Protesta da CIG fronte AEMPE polo V Acordo polo Emprego e a Negociación Colectiva
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Concentración ás portas de Soremay pola readmisión dunha traballadora despedida
Por Manu Otero |
-
Concentración diante da Residencia Soremay polo despedimento dunha delegada da CIG
Por Redacción |
-
A CIG denuncia a "campaña de acoso" e despedimento a unha das súas delegadas sindicais na residencia Soremay
Por Redacción |