Areas, Silgar, Canelas e Montalvo contan con socorristas desde este venres
Por Redacción
As praias de Areas, Silgar, Canelas e Montalvo estarán vixiadas desde este venres por un total de 16 socorristas.
Esta "mellora da calidade do servizo e aposta pola seguridade nos areais", realizarase en horario ininterrompido desde as 12:00 ás 20:00 horas, tal e como indicaron desde o Concello de Sanxenxo.
Tal e como ocorreu o verán pasado, o goberno local acordou adiantar este servizo, da mesma forma que co balizamento, por primeira vez, a pasada Semana Santa.
En todo caso, será a partir do 15 de xuño cando os efectivos de salvamento estenderanse a seis praias todos os días da semana. Así, a Areas, Silgar, Canelas e Montalvo sumaranse Foxos e O Espiñeiro-A Lanzada.
Ademais, desde o 1 de xullo ata o 15 de setembro, o servizo ampliarase ao resto de areais cunha franxa horaria maior en Silgar. En total serán 80 persoas as que conformen o servizo de vixilancia.
As zonas de baño das 17 praias de bandeira azul xa se atopan balizadas e as canles de nado entre Silgar, Baltar e Canelas xa está operativos. Tamén empezaron a funcionar os quioscos de praias como Silgar do mesmo xeito que servizos como os hidropedales ou as tumbonas. Os baños, que se limparán cada hora e media, tamén xa están abertos nestes catro areais e os lavapiés en funcionamento. O parque acuático de Portonovo tamén está en plena montaxe.
Relacionadas:
-
Sanxenxo elabora un plan de prevención e seguridade para casos de emerxencia nas praias
Por Redacción |
-
Sanxenxo presume de sendeiros azuis: “A fusión da paisaxe, a tradición e o patrimonio fan este espazo único no mundo”
Por Redacción |
-
127 bañistas, atendidos en Sanxenxo no mes de xuño por picaduras de faneca
Por Redacción |
-
Estrean bandeiras de socorrismo adaptadas a persoas daltónicas nas praias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
23 socorristas serán financiados pola Xunta en sete concellos da ría e da comarca
Por Redacción |
-
Seis socorristas vixiarán este verán as praias de Cabeceira e Xiorto
Por Redacción |
-
Conta atrás para o verán: os socorristas chegarán con xuño a Areas, Silgar, Canelas e Montalvo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Concello de Vilagarcía solicita á Xunta a contratación de dez socorristas para a temporada de verán
Por Álvaro Arosa Barco |