127 bañistas, atendidos en Sanxenxo no mes de xuño por picaduras de faneca
Por Redacción
816 intervencións asumiu o servizo de socorrismo do Concello de Sanxenxo desde a primeira fin de semana de xuño e ao longo de todo ese mes.
Os postos de control situados en Areas, Silgar, Canelas e Montalvo activos desde esa fin de semana e os de Area de Agra, Foxos e O Espiñeiro-A Lanzada, que entraron en funcionamento o 15 de xuño realizaron estas actividades de axuda aos bañistas e persoas que se atopaban nos areais sen que se rexistrasen casos de gravidade, segundo informa o goberno local.
Montalvo converteuse na praia con máis incidencias ao sumar 243, seguida por Silgar con 168 e Canelas, con 166. Areas rexistrou 129.
Os socorristas tiveron que intervir por incumprimentos da ordenanza de praias en 278 casos debido á presenza de animais, depósito de residuos ou incumprimentos na zona destinada para o baño.
Desde o Concello lembran que está prohibida a presenza de animais nas praias durante a tempada de baño, que se prolonga ata o 15 de setembro.
Ademais, foron atendidas 127 persoas por picaduras de faneca, sete por unha escordadura, catro por contusións e 67 por outro tipo de feridas de distinta gravidade. Seis bañistas recibiron atención por picaduras de insectos e oito por problemas nos ollos ou nos oídos. Por último, cinco persoas sometéronse a toma de tensión arterial tras atoparse mal pola calor ou o cambio brusco de temperaturas.
Relacionadas:
-
As fanecas de Sanxenxo, menos rabudas que o ano pasado, acaparan o traballo dos socorristas
Por Oskar Viéitez |
-
Rescatan dúas persoas que navegaban en canoa ao irse contra a zona rochosa de Paxariñas
Por Redacción |
-
Unha vía de auga nunha embarcación provoca o rescate de sete persoas en Silgar
Por Redacción |
-
23 socorristas serán financiados pola Xunta en sete concellos da ría e da comarca
Por Redacción |
-
Areas, Silgar, Canelas e Montalvo contan con socorristas desde este venres
Por Redacción |
-
Conta atrás para o verán: os socorristas chegarán con xuño a Areas, Silgar, Canelas e Montalvo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |