Feridos dous ciclistas en Poio ao chocar entre eles
Por Oskar Viéitez
Un descoido por non gardar a distancia de seguridade co compañeiro de diante é a posible causa que apunta a Policía Local de Poio para explicar o accidente de dous ciclistas ocorrido na mañá deste domingo.
Segundo explican estas fontes oficiais, ao redor das 10.30 horas, produciuse á altura da avenida de San Xoán.
Dous ciclistas que circulaban en dirección Sanxenxo resultaron feridos tras chocar entre eles.
Os servizos de emerxencias acudiron a este punto da estrada autonómica PO-308 para atender aos feridos nesta colisión por alcance, sendo necesario o seu traslado nunha ambulancia do 061 ata un centro sanitario.
Como consecuencia do choque tamén as bicicletas sufriron danos.
Relacionadas:
-
Falece un ciclista nun viaduto en Salcedo
Por Redacción |
-
Cinco coches víronse afectados por un incendio en Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Choca co coche contra unha árbore despois de marearse cando conducía
Por Oskar Viéitez |
-
Choque entre un camión do lixo e un coche en Bueu
Por Oskar Viéitez |
-
Ferido leve tras chocar co seu vehículo contra un farol e seis coches aparcados en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Colisión entre un coche e un patinete eléctrico en pleno centro urbano
Por María José Pita & Diego Torrado |
-
Falece unha muller de 67 anos, natural de Zaragoza, nun accidente de tráfico en Poio
Por Redacción |