O Consello de Administración aproba as contas anuais da Autoridade Portuaria
Por Redacción
O Consello de Administración celebrado este xoves aprobou as contas anuais da Autoridade Portuaria correspondentes ao exercicio 2022, unha das súas competencias tal e como recolle a Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante.
A aprobación realízase unha vez a Intervención Xeral da Administración do Estado emite o seu informe de auditoría anual, con resultado favorable do organismo auditor en canto á súa concordancia coas contas anuais e a súa elaboración conforme á normativa reguladora.
As contas anuais do exercicio 2022, segundo sinala a IGAE, "foron obtidas dos rexistros contables da Entidade, e preséntanse de acordo con o marco normativo de información financeira que resulta de aplicación e, en particular, cos principios e criterios contables nel contidos, de forma que mostran a imaxe fiel do patrimonio e da situación financeira ao 31 de decembro de 2022 e dos resultados das súas operacións, dos cambios no patrimonio neto e dos fluxos de efectivo correspondentes ao exercicio anual terminado na devandita data".
O resultado do exercicio despois de impostos é positivo o que permite continuar co principio de sustentabilidade financeira da entidade con ausencia de endebedamento externo. Entre as fontes de financiamento resultantes destacan as subvencións de fondos europeos MRR destinados a investimentos en mellora de accesibilidade, eficiencia enerxética e sustentabilidade.
SISTEMA INTERNO DE INFORMACIÓN
Doutra banda, a Autoridade Portuaria adaptouse á directiva europea sobre información relativa a infraccións normativas e loita contra a corrupción coa creación dun “Sistema interno de Información”. A súa finalidade é dispensar a adecuada protección fronte a represalias ás persoas que informen sobre infraccións do Dereito da Unión Europea ou condutas irregulares das que teñan coñecemento.
A Autoridade Portuaria ha creado unha canle para este tipo de comunicacións dentro da estratexia de integridade corporativa da entidade. Tanto o acceso á canle como o procedemento de xestión das informacións están a disposición na páxina web www.apmarin.com
Relacionadas:
-
Asinado o novo acordo laboral na Autoridade Portuaria de Marín
Por Anxo Lourido |
-
O metal continúa en loita reivindicativa con piquetes en Ence e cortes de tráfico na cuarta xornada de folga
Por Anxo Lourido |
-
A praia de Praceres xa é de dominio público despois de que o Ministerio a desafectara do Porto
Por Oskar Viéitez |
-
O naufraxio do Nuevo Marcos, ante o xuíz tras seis anos sen rastro de indemnizacións
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Porto de Marín renovará máis dunha hectárea do seu pavimento
Por Redacción |