Pontevedra empregará Fitur para potenciarse turísticamente nas redes sociais
Por Redacción
A concellaría de Promoción Turística de Pontevedra levará o loro Ravachol como estandarte dentro das actividades da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur 2014, que se desenvolve do 22 ao 26 de xaneiro. Segundo manifestou a concelleira responsable desta área, Carlota Román, o Concello participará dentro do posto de Turgalicia "porque económicamente no podíamos meter mucho dinero ahí. Es algo que ya viene haciendo el Concello en contraposición de otros que iban con grandes comilonas y con olor a pulpo".
A proposta que vai desenvolver a concellaría céntrase en singularizar a cidade de Pontevedra a través do coñecido loro do Entroido pontevedrés e tratar de optimizar as redes sociais que, segundo afirmou Carlota Román, "están dando muy buen resultado con poco dinero". A concelleira viaxará o venres 24 a Fitur nunha das tres xornadas que se dedica ao público profesional nas que se realizarán intervencións cos peluches para touperadores e axencias de viaxe.
O sábado 25 e o domingo 26 a actividade da Feira centrarase no público en xeral e a concellaría ten previsto poñer en marcha un concurso cos visitantes que suban fotos de Ravachol ás redes sociais no que se outorgarán dous fins de semana en Pontevedra.
Ademais, emitiranse no posto os vídeos do espectáculo de iluminación organizado con motivo do 125 aniversario da Casa da Luz, Pontevedra es un amor e Viaxando con Diego. Estes vídeos contan, segundo a concelleira, cun "posicionamento impresionante". E engadiu que autores de distintos blogs se comprometeron a fomentar Pontevedra na rede durante o transcurso de Fitur.