Da Silva apela a votar "coa cabeza e o corazón" para acabar coa discriminación a Galicia
Por Redacción
O BNG presentou este mércores o decálogo de compromisos coa comarca do Morrazo que os nacionalistas defenderán no Congreso dos Deputados tras as eleccións xerais do 23J. Alí, a candidata por Pontevedra, Carme da Silva, apelou á veciñanza na busca do seu apoio.
Así, Da Silva chamou a manter a súa confianza no BNG -que goberna en Moaña, Cangas e Bueu- e votar "coa cabeza e o corazón" para rachar coa "discriminación" do bipartidismo que protagonizan PSOE e PP con Galicia.
"A do Morrazo é unha sociedade que sabe perfectamente que só co BNG, cunha forza política que representa intereses dos galegos podemos dar solución aos nosos problemas", subliñou a candidata do BNG, unha forza que "medra e segue a medrar" nesta comarca.
En concreto, como cuestións fundamentais para O Morrazo presentou un decálogo de compromisos en tres bloques: infraestruturas, recuperación rías e litoral e patrimonio cultural.
No primeiro deles, o BNG incluíu a transferencia a Galicia da AP-9 para seguir rebaixando as peaxes, as melloras das estradas N-554 e N-550, especialmente no seu paso por Vilaboa, ou a cesión a Galicia das competencias sobre o Porto de Marín.
En canto ás rías e o litoral, Da Silva enumerou a defensa dos núcleos tradicionais ou a recuperación da fachada marítima entre Agrelo e Portomaior (Bueu) e a de Marín, onde existe un "bloco enorme" entre o Porto e a Escola Naval "que corta a vista de Marín ao mar".
Ademais, a candidata do BNG defendeu a necesidade de seguir recuperando patrimonio cultural na comarca, entre eles O Facho de Donón en Cangas.
Relacionadas:
-
Pontón augura que Pontevedra "perderá unha gran concelleira pero gañará unha grandísima deputada"
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG reclama que Galicia defina a súas infraestruturas e que "non se pensen desde Madrid"
Por Alejandro Espiño |
-
Carme da Silva propón frear o "timo verde" dos proxectos eólicos cun grupo galego forte no Congreso
Por Redacción |
-
O BNG pide o voto para acabar coa contaminación acústica da AP-9 en Poio
Por Redacción |
-
Ana Pontón, do BNG: "a nosa papeleta vale para dar peso a Galiza e para frear a extrema dereita coa que se alía o PP"
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O BNG pide á implicación masiva da mocidade o 23X "a favor dunha Galiza sen a precariedade e a emigración que deixa o PP"
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG preséntase como dique de contención contra a dereita, que, "de ganchete con Vox", pretende "borrar as mulleres"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |