23X | Ana Pastor (PP) chama a votar "en libertad" e pensando "en lo mejor" para o futuro do país
Por Alejandro Espiño
Ás doce do mediodía votou a candidata do PP ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor. Fíxoo, como é habitual nela, no colexio electoral situado no CEIP Campolongo, desde onde fixo un chamamento á participación.
"Animo a los ciudadanos a que voten porque hoy decidimos el futuro de los próximos cuatro años", sinalou Pastor, que estivo arroupada, entre outros, pola candidata ao Senado, Pepa Pardo, ou o portavoz municipal do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez.
A candidata popular defendeu que os cidadáns acudan a votar "en la libertad que nos trajo la democracia" e pensando "en lo mejor" para o futuro do país.
Ana Pastor, ante a masiva afluencia que aprecia nos colexios electorais, augura que haberá unha alta participación, pero lembrou que "hay muchas horas por delante".
Ademais de gozar da familia ou dos amigos, Pastor pediu aos pontevedreses que dediquen "cinco o diez minutos" a acudir ás urnas e exercer o seu dereito ao voto. No seu caso, confiando en que haxa "el cambio que muchos queremos".
Relacionadas:
-
23X | Pontevedra responde cunha participación que sobe 7 puntos con respecto a 2019
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
23X | Os líderes políticos apelan á participación nunhas eleccións "importantes" para Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Marica Adrio (PSOE), ilusionada tras votar: "He llevado como siempre a mi padre en el corazón y en el bolsillo"
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Verónica Martínez Barbero (Sumar): Votar é "un dereito", pero tamén "un poder"
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Carme da Silva (BNG) pide que a xente "se anime" a votar para "decidir o futuro que queremos"
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Constituídas as 1.344 mesas electorais dos 61 municipios pontevedreses
Por Alejandro Espiño |
-
23X | A Moncloa busca inquilino e Pontevedra aos seus novos deputados e senadores
Por Redacción |