23X | A Moncloa busca inquilino e Pontevedra aos seus novos deputados e senadores
Por Redacción
Un total de 909.413 pontevedreses están chamados este domingo ás urnas para participar nas eleccións xerais do 23X, nas que a provincia escollerá a sete deputados para o Congreso e a catro senadores para, en principio, representala en Madrid o próximos catro anos.
De todos eles, 772.725 son residentes en España e 136.688 viven no estranxeiro. Estes últimos puideron votar, por primeira vez, sen o voto rogado. É dicir, sen necesidade de solicitude previa.
Na provincia haberá 1.344 mesas repartidas en 662 colexios electorais. Todos eles abrirán as súas portas aos votantes ás nove da mañá. Poderase votar ata as oito da tarde.
Ao Congreso preséntanse nove candidaturas, a segunda cifra máis baixa desde a restauración da democracia. Repiten PSOE, PP, BNG, Vox, Pacma, Recortes Cero e Partido Comunista dos Traballadores de Galiza. As novidades son Sumar e Frente Obrero.
No caso do Senado serán unha menos, oito, xa que Frente Obrero non presenta candidatura.
Os primeiros datos de participación coñeceranse ás dúas da tarde e o segundo avance, o último antes do peche dos colexios, comunicarase catro horas despois, ás seis.
Debido á coincidencia coas vacacións estivais, 43.900 persoas solicitaron o voto por correo en toda a provincia, dos cales completaron o proceso 41.895, é dicir o 95,43%.
Para garantir a seguridade nesta xornada electoral, na provincia de Pontevedra, a Policía Nacional despregará un total de 870 efectivos, mentres que na Garda Civil serán 973.
Pola súa banda, a Policía Autonómica sumará 29 efectivos a este dispositivo e, por último, os axentes dos distintos corpos de policía municipais serán 455.
Relacionadas:
-
23X | Os sete deputados e catro senadores pontevedreses que tomarán posesión o 17 de agosto
Por Natalia Puga |
-
23X | Pontevedra decidiu: o PP gaña en votos pero empata co PSOE en escanos
Por Alejandro Espiño |
-
23X | A chegada da tarde modera a participación, que en Pontevedra aínda supera a 2019
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Pontevedra responde cunha participación que sobe 7 puntos con respecto a 2019
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
23X | Os líderes políticos apelan á participación nunhas eleccións "importantes" para Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Marica Adrio (PSOE), ilusionada tras votar: "He llevado como siempre a mi padre en el corazón y en el bolsillo"
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Verónica Martínez Barbero (Sumar): Votar é "un dereito", pero tamén "un poder"
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Ana Pastor (PP) chama a votar "en libertad" e pensando "en lo mejor" para o país
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Carme da Silva (BNG) pide que a xente "se anime" a votar para "decidir o futuro que queremos"
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Constituídas as 1.344 mesas electorais dos 61 municipios pontevedreses
Por Alejandro Espiño |
-
Reflexión para o 23X entre paseos pola natureza e descanso coa familia e amigos
Por Alejandro Espiño |
-
O 95% dos 42.000 pontevedreses que pediron votar por correo exerceron o seu dereito ao voto
Por Redacción |