23X | Pontevedra decidiu: o PP gaña en votos pero empata co PSOE en escanos
Por Alejandro Espiño
O Partido Popular deu a volta á hexemonía na provincia. Se hai catro anos, o PSOE foi a formación máis votada nas eleccións xerais, neste 23X as tornas cambiaron e os populares poden volver presumir de gañar as eleccións en Pontevedra.
Co 100% dos votos escrutados, o PP logrou o 39,61% dos votos. Recibiu o apoio de 223.226 persoas. Hai catro anos lograran o 29,05%, dez puntos menos.
Para os socialistas, con todo, a noite non foi unha desfeita nin moito menos, porque practicamente iguala os seus resultados de 2019, ao sumar 177.199 votos, o 31,44% dos sufraxios emitidos este domingo. É apenas tres décimas menos que nas últimas eleccións.
E a pesar desta diferenza en votos, hai empate en escanos. Repítese a repartición actual de deputados, con tres asentos para o PP na Cámara Baixa, que serán Ana Pastor, Irene Garrido e Pedro Puy, e outros tres para o PSOE, David Regades, Marica Adrio e Modesto Pose.
O sétimo asento no Congreso por Pontevedra será para Sumar, que logra reter a acta que logrou a propia Yolanda Díaz en 2019. A candidatura liderada por Verónica Martínez Barbero acumulou o 13,24% dos votos, tras recibir 74.605 apoios entre a cidadanía.
Lonxe do seu obxectivo, volver contar con deputado -neste caso deputada- por Pontevedra, quedou o BNG. Seus foron 53.246 votos (9,44%), dous puntos máis que fai catro anos, pero insuficientes. Quedouse a máis de cinco mil votos desa ansiada acta.
Vox conserva a quinta praza pero cun gran descenso nos seus apoios. Recibiu 26.648 votos, é dicir, un 4,72% do total, case tres puntos porcentuais menos que en 2019.
O resto das candidaturas non superaron o 1% dos votos. Todas elas quedaron lonxe. PACMA sumou 2.925 votos (0,51%), Frente Obrero 944 (0,16%), Recortes Cero 487 (0,08%) e o Partido Comunista dos Traballadores de Galicia 441 (0,07%).
A participación nestas eleccións do 23J foi do 73,67% (569.327 votos en total), un 15,17% máis que en 2019, no que votaron o 58,50% dos pontevedreses.
VITORIA CLARA DO PP NO SENADO
Máis contundente foi a vitoria do PP no Senado. Tres dos asentos en xogo serán para eles. Ocuparanos Pepa Pardo e os alcaldes de Lalín e Mos, José Crespo e Nidia Arévalo.
Co 98,58% de votos escrutados, a edil pontevedresa foi a mais votada, ao lograr 212.804 apoios, un 39,05%, fronte ao 38,19% de Crespo (208.136 votos) e o 37,69% de Arévalo (205.420 votos).
A cuarta senadora por Pontevedra será a socialista Carmela Silva, que contou con 180.829 votos, un 33,18%, superando aos seus compañeiros de partido Luís López Bo e Verónica Pichel.
Duarte Correa (BNG) e Roberto Alonso Ucha (Sumar), os máis votados dos seus partidos, quedaron moi lonxe, co 12,25% e o 12,17% de apoios, respectivamente.
Relacionadas:
-
Rafa gañou, pero nada cambiou: Lores, alcalde por sétima vez
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE pontevedrés abre o novo curso político sacando peito por ser "a provincia máis socialista de Galicia"
Por Redacción |
-
O reconto do voto exterior, co PP como forza máis votada, non cambia o resultado do 23X en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O BNG propón que Carme da Silva sexa senadora por designación autonómica
Por Natalia Puga |
-
23X | Domínguez cualifica de "histórico" o resultado electoral do PP na cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
23X | Sumar celebra que Galicia será "determinante" no futuro goberno
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Ana Pastor subliña que Pontevedra "percibió que es momento de cambio"
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Feijóo gaña as eleccións pero Sánchez gobernará se convence os nacionalistas
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Lores lamenta que a suba en votos do BNG "non foi suficiente" para ter deputada por Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
23X | A 'onda azul' inunda a provincia e só 'resisten' cinco concellos, como O Grove ou A Illa
Por Alejandro Espiño |
-
23J | "Profundamente satisfeitos" no PSOE: "Estamos en condicións de seguir construíndo un país de dereitos e liberdades"
Por Natalia Puga |
-
23X | A chegada da tarde modera a participación, que en Pontevedra aínda supera a 2019
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Pontevedra responde cunha participación que sobe 7 puntos con respecto a 2019
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
23X | Os líderes políticos apelan á participación nunhas eleccións "importantes" para Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Constituídas as 1.344 mesas electorais dos 61 municipios pontevedreses
Por Alejandro Espiño |
-
23X | A Moncloa busca inquilino e Pontevedra aos seus novos deputados e senadores
Por Redacción |