23X | Domínguez cualifica de "histórico" o resultado electoral do PP na cidade de Pontevedra
Por Redacción
Rafa Domínguez, presidente local do Partido Popular de Pontevedra, avaliou a vitoria electoral da súa agrupación política durante as eleccións xerais do 23 de xullo.
Afirma que o PP de Pontevedra "obtivo uns resultados históricos, que reflicten o respaldo e a confianza dos cidadáns no noso proxecto político". A agrupación popular obtivo unha subida de 11,5 puntos respecto a os anteriores comicios xerais, cun incremento de 6.500 votos na cidade.
"Somos a forza política preferida polos pontevedreses", afirma o representante do PP, que destaca a elección de Ana Pastor e Pepa Pardo para liderar as listas ao Congreso e ao Senado, ao entender que son dúas pontevedresas comprometidas.
Domínguez celebra que Pepa Pardo fora a candidata ao Senado máis votada do PP, superando en máis de 30.000 votos a Carmela Silva, representante do PSOE. "Isto demostra o apoio masivo que recibiu Pepa Pardo por parte dos pontevedreses e o seu compromiso coa cidade", argumentou.
Tamén cualifica de "pésimo" o resultado logrado polo BNG. "A opción de Lores non gustou e a cidade así o demostrou", explica indicando que "chama a atención que unha concelleira de Pontevedra fixese baixar os resultados na súa cidade, mentres que o BNG subiu a nivel provincial".
Conclúe expoñendo que estes resultados do PP impulsa a manter a liña de traballo da súa formación.
Relacionadas:
-
O reconto do voto exterior, co PP como forza máis votada, non cambia o resultado do 23X en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
23X | Ana Pastor subliña que Pontevedra "percibió que es momento de cambio"
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Feijóo gaña as eleccións pero Sánchez gobernará se convence os nacionalistas
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Lores lamenta que a suba en votos do BNG "non foi suficiente" para ter deputada por Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
23X | A 'onda azul' inunda a provincia e só 'resisten' cinco concellos, como O Grove ou A Illa
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Pontevedra decidiu: o PP gaña en votos pero empata co PSOE en escanos
Por Alejandro Espiño |