23X | Ana Pastor subliña que Pontevedra "percibió que es momento de cambio"
Por Alejandro Espiño
Para o Partido Popular, a súa vitoria electoral este 23X en España, en Galicia e en Pontevedra foi "con contundencia". Así o destacou a súa candidata ao Congreso pola provincia, Ana Pastor.
"Pontevedra percibió que es momento de cambio", subliñou Pastor, que celebrou que a cidadanía confiase nun galego como Alberto Núñez Feijóo "que demostró su buena gestión" á fronte do goberno da Xunta de Galicia.
Os pontevedreses, segundo a candidata popular, "han confiado en el rigor, la gestión y la eficacia" do PP e de Núñez Feijóo.
Tras realizar esta lectura, Ana Pastor lembrou que o PP obtivo na provincia máis de 221.000 votos, case o 40% de total, o que lle reportou tres deputados e tres senadores.
Ademas, destacou que "aumentamos votos en todos os concellos" e gañaron as eleccións en 56 dos 61 municipios da provincia.
Relacionadas:
-
O reconto do voto exterior, co PP como forza máis votada, non cambia o resultado do 23X en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
23X | Domínguez cualifica de "histórico" o resultado electoral do PP na cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
23X | Sumar celebra que Galicia será "determinante" no futuro goberno
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Feijóo gaña as eleccións pero Sánchez gobernará se convence os nacionalistas
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Lores lamenta que a suba en votos do BNG "non foi suficiente" para ter deputada por Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
23X | A 'onda azul' inunda a provincia e só 'resisten' cinco concellos, como O Grove ou A Illa
Por Alejandro Espiño |
-
23J | "Profundamente satisfeitos" no PSOE: "Estamos en condicións de seguir construíndo un país de dereitos e liberdades"
Por Natalia Puga |
-
23X | Pontevedra decidiu: o PP gaña en votos pero empata co PSOE en escanos
Por Alejandro Espiño |