23X | Feijóo gaña as eleccións pero Sánchez gobernará se convence os nacionalistas
Por Alejandro Espiño
Nin PP nin PSOE obtiveron escanos suficientes como para lograr investir presidentes aos seus candidatos con facilidade. Alberto Núñez Feijóo logrou unha vitoria que resulta insuficiente e Pedro Sánchez necesitará revalidar o apoio dos nacionalistas para seguir na Moncloa.
Co 99,86% do voto escrutado, o PP gañou as eleccións xerais ao obter 136 escanos, 47 máis que os que logrou en 2019, co PSOE como segunda forza política e 122 escanos, dous máis que fai catro anos.
Pero os partidos que podían soster os seus respectivos gobernos perderon apoios e xuntos non suman a maioría absoluta. Vox déixase 19 escanos e queda con 33 deputados, mentres que Sumar, a coalición liderada por Yolanda Díaz, con 33, catro menos que Unidas Podemos.
Entre as forzas independentistas, ERC sofre un duro revés, ao caer de 13 a 7 representantes, Junts per Catalunya perde un e queda con seis, e EH-Bildu supera por vez primeira ao PNV, con seis deputados fronte aos cinco dos seus rivais.
O novo Congreso complétase co BNG, que conserva o seu único escano. Un deputado tamén terán Coalición Canaria e UPN.
Deste xeito, o novo hemiciclo -que se constituirá o 17 de agosto- quedará conformado con once partidos diferentes.
VALORACIÓN DE FEIJÓO E SÁNCHEZ
Alberto Núñez Feijóo, tras este 23J, asegurou que lle corresponde formar goberno porque foi o máis votado nas eleccións e pediu ao resto dos partidos, e expresamente ao PSOE de Pedro Sánchez, que non "bloqueen el Gobierno de España una vez más".
"La anomalía de que en España no pudiese gobernar el partido más votado solo tiene como alternativa el bloqueo, que en nada beneficia España", defendeu Feijóo, que argumenta que o "primer ministro" debe ser quen ten "más votos y escaños que el jefe de la oposición".
Feijóo asegurou que abrirá diálogo co resto das formacións porque lle "corresponde" tentar formar gobernos e advertiu de que "ningún presidente de España" gobernou "tras perder las elecciones", aínda que Sánchez fíxoo tras a moción de censura a Mariano Rajoy.
Pero para Pedro Sánchez "somos muchos más los que queremos que España avance, y así seguirá siendo", celebrando que "aquellos que planteaban el machismo, el retroceso en derechos y libertades han fracasado y el bloque involucionista de PP con Vox ha salido derrotado".
"Creo que España ha sido bien clara, España y todos sus ciudadanos que han votado han sido meridiana y rotundamente claros: el bloque de involución, de retroceso, que planteaba una derogación total de todos los avances que logramos estos cuatro años ha fracasado", dixo.
Relacionadas:
-
Procuradores e tribunais pontevedreses consideran o acordo entre PSOE e Junts un "desprezo absoluto" ao Estado de Dereito
Por Anxo Lourido |
-
O reconto do voto exterior, co PP como forza máis votada, non cambia o resultado do 23X en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
23X | Domínguez cualifica de "histórico" o resultado electoral do PP na cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
23X | Sumar celebra que Galicia será "determinante" no futuro goberno
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Ana Pastor subliña que Pontevedra "percibió que es momento de cambio"
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Lores lamenta que a suba en votos do BNG "non foi suficiente" para ter deputada por Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
23X | A 'onda azul' inunda a provincia e só 'resisten' cinco concellos, como O Grove ou A Illa
Por Alejandro Espiño |
-
23J | "Profundamente satisfeitos" no PSOE: "Estamos en condicións de seguir construíndo un país de dereitos e liberdades"
Por Natalia Puga |
-
23X | Pontevedra decidiu: o PP gaña en votos pero empata co PSOE en escanos
Por Alejandro Espiño |