23X | Carme da Silva (BNG) pide que a xente "se anime" a votar para "decidir o futuro que queremos"
Por Alejandro Espiño
A candidata pontevedresa máis madrugadora á hora de votar, nestas eleccións xerais do 23J, foi Carme da Silva.
A cabeza de lista do BNG ao Congreso exerceu o seu dereito ao voto ás dez da mañá no Centro Social do Gorgullón, acompañada entre outros polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que xa votara no seu colexio habitual de Marcón.
Tras depositar o seu voto e saudar aos integrantes das mesas electorais, Da Silva asegurou que "o que agardo" desta xornada electoral é que a xente "se anime" e acuda a votar.
"O voto é o instrumento que temos para decidir o futuro que queremos. *É a única opción para expresar politicamente que queremos nos próximos anos", subliñou a candidata do BNG.
Trátase, reiterou, dun "oficio de responsabilidade social importante", polo que animou a todo o mundo a votar e a expresar a súa opinión.
Con respecto á data electoral, Carme da Silva destacou que xa houbo procesos electorais "en todas as épocas do ano" e, aínda que recoñece que será unha xornada "diferente" ao ser un domingo de xullo, lembrou que para os galegos non é a primeira vez.
"Xa tivemos experiencias en Galicia e non supuxeron que tiveramos menos participación", sentenciou.
Relacionadas:
-
O BNG propón que Carme da Silva sexa senadora por designación autonómica
Por Natalia Puga |
-
23X | Pontevedra responde cunha participación que sobe 7 puntos con respecto a 2019
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
23X | Os líderes políticos apelan á participación nunhas eleccións "importantes" para Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Marica Adrio (PSOE), ilusionada tras votar: "He llevado como siempre a mi padre en el corazón y en el bolsillo"
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Verónica Martínez Barbero (Sumar): Votar é "un dereito", pero tamén "un poder"
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Ana Pastor (PP) chama a votar "en libertad" e pensando "en lo mejor" para o país
Por Alejandro Espiño |
-
23X | Constituídas as 1.344 mesas electorais dos 61 municipios pontevedreses
Por Alejandro Espiño |
-
23X | A Moncloa busca inquilino e Pontevedra aos seus novos deputados e senadores
Por Redacción |