O BNG de Poio critica que o alcalde Moldes "agóchase tras a débeda pública como escusa para non cumplir as súas promesas electorais"
Por Oskar Viéitez
O BNG de Poio ven de criticar que o alcalde Ángel Moldes por "agóchase tras a débeda pública como escusa para non cumplir as súas promesas electorais de baixada de impostos" e unha "desculpa para manter a actual parálise do Concello".
Os nacionalistas aseguran que a 30 de xuño o Concello de Poio tiña pendentes de ingreso máis de 7 millóns de euros que a entidade municipal percibe en concepto de transferencias correntes da Xunta de Galicia e do Estado.
O BNG lamenta que o PP de Poio "alarme á veciñanza" sinalando que a administración local ten dunha débeda de 8 millóns de euros, "sen embargo non fala de que 7 deses 8 millóns son débedas con banco a longo prazo, polo que durante o ano 2023 deben pagarse só 755,000 euros, o resto pagaranse nos vindeiros 10 anos" e engaden que tamén estaban sen cobrar os 3,3 millóns de euros do IBI, tiña sen liquidar a metade das taxas que o Concello cobra pola prestación de servizos "e que supoñen anualmente máis de 3 millóns de euros"
Así o BNG asegura que o 30 de xuño o Concello tiña pendentes de ingreso máis de 7 millóns de euros "cos sen dúbida poderá facer fronte ao 1,8 millóns que se lle deben a provedores e bancos".
O BNG tamén afirma que a auditoría foi un trámite iniciado polo anterior Concelleiro de Facenda, "dado que é unha operación obrigatoria que forma parte do réxime de control interno ao que están sometidas as entidades locais do sector público, para fiscalizar e garantir o seu funcionamento e dar conta ao Consello de Contas". Este foi o trámite que se elevou a acordo plenario, "un trámite obrigatorio non unha petición do actual goberno", afirma o Bloque.
Polo que respecta á débeda de 1 millóns de euros a provedores e subministradores, o BNG sostén que o Concello é un ente en funcionamento "que sempre vai ter débedas, páganse unhas e xéranse outras de maneira que sempre se ten un saldo pendente de pago por enriba dos 600.000 euros".
"Ao respecto hai que destacar que nos últimos anos cumprimos o establecido na Lei cun período medio de pago a provedores que non supera os 30 días, polo que a media das débedas non supera os 30 días. A débeda pública non foi un impedimento para dar os servizos á veciñanza, pagar aos traballadores e facer grandes inversións en Poio", afirma o grupo muncipal do Bloque.
"Estamos seguros que a liquidación do Orzamento do ano 2023 vai ter superávit igual que o tivo nos últimos anos, aínda que o Sr. Moldes lle gustaría ter unha situación máis complicada para que lle valera de coartada da súa falla de xestión", conclúen os nacionalistas.
Relacionadas:
-
O Goberno local de Poio aprobará unha modificación de crédito de 89.168 euros
Por Oskar Viéitez |
-
"Descontrol" no Concello de Poio con 300.000 euros sen pagar por "contratacións verbais e a dedo" do goberno anterior
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE de Poio defende que o Concello está "totalmente saneado" e acusa o alcalde de "embustes e manipulacións"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Poio ten unha débeda de 8 millóns con bancos e outro millón en facturas sen pagar, segundo o alcalde Ángel Moldes
Por Manu Otero |