O ex fiscal xefe, Juan Carlos Aladro, novo conselleiro do Consello de Contas de Galicia
Por Natalia Puga
O ex fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro Fernández, xa é oficialmente conselleiro do Consello de Contas de Galicia. Tomou posesión este mércores 2 de xullo no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia.
Juan Carlos Aladro tomou posesión despois da renuncia, por razón de idade, o pasado 7 de xullo, de José Antonio Redondo López.
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recordou que a vacante quedou provista en menos dun mes, evidenciando a "responsabilidade capital" que ten atribuída o Consello de Contas.
Santalices agradeceu o traballo e a responsabilidade dos grupos parlamentarios por facilitar a elección do novo conselleiro de Contas, unha forma de actuar que demostra o "normal funcionamento das institucións".
"En Galicia, por fortuna, non houbo nin hai bloqueos institucionais como os que padecen noutras latitudes", sinalou Santalices, que destacou de Aladro que é un home de "sólida formación xurídica", con experiencia docente e numerosas publicacións no seu haber.
Aladro desempeñou toda a súa actividade profesional en Galicia como funcionario da carreira fiscal, exercendo como fiscal xefe provincial de Pontevedra entre 2007 e 2023.
A toma de posesión contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e do presidente e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luis López e Marta Fernández-Tapias.
Relacionadas:
-
O PP pide explicacións ao goberno local de Vilaboa por "tapar" vellos pagos sen facturas que investiga o Consello de Contas
Por Redacción |
-
O Parlamento galego designa a Carme da Silva como unha dos tres senadores que representarán a Galicia
Por Redacción |
-
Juan Carlos Aladro proposto para ser o novo conselleiro maior do Consello de Contas
Por Oskar Viéitez |
-
Emotivo cambio na Fiscalía, que abre unha etapa "aberta, accesible e transparente" con Pablo Varela á fronte
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Pablo Varela, actual responsable Antidroga, será novo fiscal xefe de Pontevedra
Por Natalia Puga |